O mellor peixe de Mercadona no verán

O mellor peixe de Mercadona no verán

22 de agosto de 2017

Agora é o mellor momento para saboreares o bonito e as sardiñas.

Son peixes que están en campaña e por iso en Mercadona chos ofrecemos coa mellor calidade e ao mellor prezo.

O bonito é ideal para cociñares con tomate ou en marmitako, unha receita moi habitual entre os pescadores asturianos, cántabros e vascos consistente nun guiso de bonito con patacas, cebola, pemento e tomate.

As sardiñas son unha estupenda opción para cociñares nestas datas á brasa ou na grella.

O bonito e as sardiñas de Mercadona son principalmente de orixe nacional e proceden de varias rulas de toda a costa española ás que lles mercamos o peixe fresco acotío.

Mercadona compra bonito en todas as rulas do norte de España e as sardiñas en ao redor de 50 rulas de varios puntos da costa española.

Priorizamos polo peixe de proximidade. Só no caso de non dispoñermos do peixe de orixe nacional, por falta de capturas (por temporais ou vedas), e para continuarmos a garantir o servizo deste peixe en Mercadona, dispoñemos de bonito doutros puntos do Mediterráneo como Italia, Grecia ou Chipre e Portugal, coa mesma garantía de calidade e frescura.

Os peixes son unha boa fonte de proteínas de elevada calidade, vitamina D e iodo, e son moi ricos en ácidos graxos poliinsaturados omega-3, especialmente os peixes azuis, como a sardiña e o bonito. Estes ácidos graxos reducen o colesterol "malo" (LDL), baixan os niveis de triglicéridos e xeran substancias que exercen unha importante acción preventiva das doenzas cardiovasculares.

O bonito e as sardiñas non poden faltar no verán entre as túas opcións de peixe de Mercadona.

Outras recomendacións de Peixe en Mercadona

Na peixería de Mercadona tamén podes encontrar outras opcións para o verán como as gambas vermellas arxentinas ou os lagostinos.

Entre as novidades da sección de conxelados da Peixería de Mercadona tamén podes encontrar os lagostinos no seu niño. Unha opción elaborada e unha orixinal idea, tanto para ofrecer como petisco, como para sorprender os teus convidados ou comensais.

Mercadona e os seus fornecedores de peixe garanten unha pesca sustentable.