Refrescos Aloe Vera de Mercadona: Original y Granada

Novos Refrescos con Áloe Vera

10 de marzo de 2017

Agora que chega o bo tempo podes gozar dunha bebida refrescante cos novos Refrescos Áloe Vera de Mercadona, sabor Orixinal ou Milgranda.

Unha bebida refrescante e moi saborosa

Os novos Refrescos Áloe Vera de Mercadona, Orixinal e Milgranda, son unha opción ideal e moi saborosa para te refrescares en calquera momento e lugar. Ademais, non conteñen gas.

Alén diso, podes escoller entre dous sabores. Por un lado, tes o Refresco Áloe Vera Orixinal, unha bebida con todo o sabor do Áloe Vera.

Polo outro, tamén está dispoñible o Refresco Áloe Vera Milgranda, cun sabor inconfundible á coñecida froita e unha atractiva cor alaranxada que non pasa desapercibida.

Como gozar dos novos Refrescos Áloe Vera Orixinal e Milgranda?

Os novos Refrescos Áloe Vera Orixinal e Milgranda están dispoñibles en Mercadona nunha cómoda embalaxe de 500 ml, que a fai perfectamente transportable e lista para gozares practicamente en calquera lugar e momento do día.

Está listo para tomar, polo que só hai que abrir a botella e gozar do sabor do Áloe Vera Orixinal ou a Milgranda. O máis recomendable é servilo ben frío, sobre todo agora que comezan a subir as temperaturas. En todo caso, se unha vez aberto desexas gardalo para continuares a beber máis tarde, recoméndase conservalo no frigorífico.

Se estás a procurar unha bebida refrescante e diferente, descubre o intenso sabor dos Refrescos Áloe Vera Orixinal e Milgranda en Mercadona.

Outras recomendacións

Outra bebida que xa podes encontrar en Mercadona é a dos novos Zumes Frescos Hacendado, elaborados con froitas, vexetais e plantas de distintas propiedades.

E se procuras un acompañante para os teus Refrescos Áloe Vera, Edamame é o novo snack saudable.