AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Nuevas salsas ya en Mercadona

Novos prebes en Mercadona!

15 de novembro de 2016

Xa podes encontrar en Mercadona os complementos ideais para acompañares as túas hamburguesas, cachorros quentes e patacas fritidas. Prebes que potencian o sabor e mais a textura dos pratos, que os complementan ou contrastan e que lles achegan diversidade, alegría e cor.
Mercadona engade á súa alargada variedade de prebes os novos Prebes Burger, Ketchup McDonald's e Patatas Gajo. Sabores xenuínos para poderes escoller o teu prebe favorito e gozares da comida máis saborosa.

Novos prebes en Mercadona. Un prebe para cada prato

Mercadona quere pór ao teu alcance a combinación máis saborosa posible. É por iso que che recomendamos utilizar cada prebe cun prato concreto:

  • Prebe Burger

Especialmente indicado para acompañares a túa hamburguesa ou cachorro quente.
Tamaño 250 ml.

  • Ketchup McDonald’s

O ketchup máis xenuíno, coa receita orixinal de McDonald's, agora xa ao teu dispor en Mercadona. Ideal para aderezares pratos de hamburguesa ou cachorro quente.
Tamaño: 450 gramos.

  • Prebe Patatas Gajo

Este prebe é o que mellor combina con patacas fritidas.
Tamaño: 250 ml.

Modo de uso dos prebes

Abrir e consumir. Os prebes Burger, Patatas Gajo e Ketchup McDonald's están listos para seren utilizados e poder gozar así rapidamente do seu sabor.

Conservación

Estes prebes, desde que abertos, teñen unha vida útil de 1 mes e deben ser conservados nun lugar fresco e seco (conservar sempre en frío).
Se che gustan as hamburguesas, os cachorros quentes e as patacas fritidas, gustarache adobalos cos novos Prebes á venda en Mercadona e gozar do seu rotundo sabor... Porque están para lamber o bico!

Outras recomendacións

Se adoras os pratos preparados, recomendámosche o sabor caseiro do Polo Asado En Anacos Hacendado. Rápido, doado e delicioso.
O Tomate Receita Artesá de Hacendado é outra excelente opción para acompañares os teus pratos favoritos e pode ser gozado quer frío quer quente. E, se prefires salientar o sabor dos teus pratos con aceite, podes utilizar o Aceite de Oliva Virxe Hacendado en cru (como tempero) e tamén para cociñares ou fritires.