AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Nuevas Salsas para darle sabor a tus platos

Novos prebes Curry, Jalapeño e Cremosa

28 de abril de 2017

Mercadona pon á túa disposición unha rica variedade de prebes, os complementos ideais para lles dares un toque diferente e especial aos teus pratos, bocadillos e patacas fritidas.

Recomendacións sobre os novos prebes de Mercadona: Curry, Jalapeño e Cremosa

Os prebes son complementos que realzan o sabor das nosas comidas, dotándoas dunha nova dimensión. Coñeces os novos prebes de Mercadona?

  • Prebe Curry, cun toque picante, resulta ideal para acompañares os rebozados, as carnes asadas e os cuarteiróns de pataca, etc. Alén doutros ingredientes como a compota de mazá, este prebe contén curry como ingrediente principal.
  • Prebe Cremosa e o Prebe Jalapeño: ideais para dippeares con nachos e/ou acompañares os teus bocadillos. O prebe Cremosa inclúe ingredientes como a xema de ovo, o ceboliño e o zume de limón, mentres que na elaboración do prebe Jalapeño se empregan cogombro, chile jalapeño e pemento morrón, entre outros.

Como usar e conservar os prebes Curry, Jalapeño e Cremosa

Os nosos prebes Curry, Jalapeño e Cremosa son produtos de rápido uso, están listos para seren utilizados e así poder gozar rapidamente do seu sabor. Deste xeito, podes consumilos inmediatamente e non precisas elaborar ti mesmo o prebe, co que aforras tempo e gañas en comodidade.

Deben conservarse nun lugar fresco e seco. Unha vez aberto o envase, que contén 250 ml., teñen unha vida útil de dúas semanas e deben manterse sempre en frío.

Queres darlles este toque especial aos teus pratos e bocadillos? Escolle o teu prebe favorito e goza do seu sabor!

Outras recomendacións

Se quixeres acompañar as patacas fritidas, os cachorros quentes e as hamburguesas con outros prebes, proba os Prebes Burger, Ketchup McDonald’s e Patacas Gajo.

E se preferires outras opcións tamén dispós do Tomate Receita Artesá de Hacendado, que se pode gozar quer frío quer quente.