Nuevos aperitivos Snacks Combinado y Sticks Sabor Kétchup

Novos Petiscos de Mercadona sen glute

09 de agosto de 2017

Este verán podes gozar do tempo de lecer cos Novos e Deliciosos Petiscos de Mercadona. Descubre os novos Snacks Combinado ou os sorprendentes Sticks Sabor kétchup. Xa dispoñibles na túa tenda máis próxima!

Ademais, son libres de glute, polo que son petiscos perfectamente aptos para persoas celíacas.

Novos Snacks Combinado, máis sabor e libre de glute

Os Novos Snacks Combinado que poderás gozar este verán con máis sabor e mellor textura.

Para alén diso agora están libres de glute, polo que os Snacks Combinado son aptos para persoas celíacas.

Neste apetitoso petisco, encontrarás 5 deliciosas variantes:

  • Estrelas de millo ao forno sabor manteiga
  • Garfitos con sabor a queixo
  • Bólas con sabor a queixo
  • Coiros de beicon
  • Rejillas con sabor a pataca

Goza dos Snacks Combinado con máis sabor e mellores texturas no seu característico tamaño de 200 gramos, ideal para compartires cos amigos durante calquera día deste verán.

Novos Sticks Sabor Kétchup, cun delicioso sabor

Este verán tamén podes saborear os Novos Sticks Sabor Kétchup de Mercadona, unha alternativa deliciosa para as tardes de verán. Estes snacks ofrécenche un delicioso sabor kétchup que non poderás deixar de comer.

E tamén, do mesmo xeito que os Snacks Combinado de Hacendado, estes Sticks Sabor Kétchup non conteñen glute. Co seu práctico tamaño de 75 gramos, é ideal para compartires cos amigos e gozardes xuntos do seu inconfundible sabor a kétchup.

Tanto os Snacks Combinado como os Sticks Sabor Kétchup están fabricados pola empresa Ibersnacks, na súa fábrica de Medina del Campo (Valladolid), unha mostra máis da aposta de Mercadona polas empresas españolas.

Estes días goza dos Snacks Combinado e dos Sticks Sabor Kétchup, agora aínda máis saborosos. O petisco ideal para o verán!

Outras recomendacións

En verán tamén é bo momento para saboreares froitos secos como os Pistachos Torrados Hacendado, ricos en fibra, ferro e magnesio. Sen sal e sen glute.

E se che apetece algo máis elaborado, proba as Patacas Gajo, moi doadas de preparar e incriblemente saborosas e crocantes, para faceres na tixola ou ao forno, como máis che guste.