AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

O novo vasiño de Quinoa Branca e Vermella de Mercadona é unha opción rápida, saborosa e doada, sen glute nin lactosa e apto para veganos.

Novo vasiño de Quinoa Branca e Vermella de Mercadona

17 de abril de 2018

A quinoa é unha semente considerada polas súas características nutricionais fonte de proteínas e mais de fibra. É unha opción rápida e sinxela para os teus almorzos, xantares, merendas e ceas. Por iso, traémosche o novo vasiño de Quinoa Branca e Vermella de Mercadona, doada de preparar e que combina con multitude de alimentos quer doces quer salgados. É unha opción totalmente vegana, sen glute nin lácteos derivados, recomendada para todo tipo de persoas e dietas moi variadas.

A quinoa, un alimento milenario

A quinoa está considerada un alimento moi completo polas súas numerosas propiedades e beneficios. Estímase que o seu consumo se orixinou nos Andes, hai máis de 5.000 anos, cuxos habitantes consideraban este alimento tan básico como a pataca. Esta semente chegou até os nosos días para nos achegar unha ampla variedade de nutrientes para a nosa alimentación.

Diferentes xeitos de degustar a quinoa

As posibilidades culinarias da quinoa son moi amplas, quer en pratos doces quer en salgados, en quente ou en frío e a calquera momento do día. A quinoa é un bon complemento para as túas saladas, pódese servir como gornición quer de carnes quer de peixes e mariscos, pode substituír a calquera outro cereal e incluso a podemos empregar como acompañamento para as sobremesas. O xeito de consumila é moi variado: sírvea con rodelas de plátano e iogur e coroa o prato cun amorodo ou framboesa ou combínaa con queixo fresco, aguacate e tomates cherry.

Dous vasiños de quinoa de 125 gr

A nova Quinoa Branca e Vermella de Mercadona vén nun práctico e cómodo envase que inclúe dous vasiños de 125 gr. Deste xeito, podes preparar quinoa varias veces á semana dunha forma cómoda, doada e rápida. É un alimento moi nutritivo que contribuirá a mellorar a túa dieta cotiá.

Outras recomendacións

Complementa as túas receitas de quinoa cos deliciosos picos sen glute de Mercadona, ou crea receitas veganas co noso Tofu rico en proteínas.