Gústanche as bebidas enerxéticas mais estás canso dos mesmos sabores de sempre? Andas á procura de algo diferente? Energy Drink Sabor Cereixa, o novo Enerxético Cereixa de Mercadona, é unha bebida que cumprirá de sobra as túas expectativas.
Esta bebida enerxética, xa dispoñible nas nosas tendas, contén toda a taurina e a cafeína que precisas para estar cheo de enerxía. Ademais, cun fantástico e delicioso sabor a cereixa que che encantará.
Unha bebida de cereixa para xente intrépida coma ti
O novo Enerxético Cereixa de Mercadona é unha bebida ideal para tomar case en calquera situación: na casa, de festa cos amigos, na tempada de estudo, ou simplemente, cando precises dunha dose de enerxía con alegría.
Energy Drink Sabor Cereixa tómase fría, así que chega con mantela á temperatura axeitada e, xa está lista para consumir! Esta nova bebida enerxética ten un inesquecible sabor a piruleta de cereixa, arriscado e innovador, e a cor máis atractiva. Cativarate e as túas amizades quedaran tamén coa boca aberta. Ademais, marcarás tendencia, porque elas non tardarán en tomala tamén!
Mercadona segue fiel á súa aposta polos produtos fabricados en España. Este enerxético é un exemplo máis do noso compromiso, xa que está fabricado en Canarias pola empresa Ahembo S.L.
Atrévete con Energy Drink Sabor Cereixa, o novo Enerxético Cereixa de Mercadona, un refresco delicioso para xente intrépida coma ti… que comece de novo a diversión!
Outras recomendacións
Se preferires bebidas non enerxéticas, leva Refrescos de Hacendado, de Cola, Cola Cero ou Laranxa.
E se che gustan os refrescos de té para manter a túa enerxía sempre alerta, proba os nosos Refrescos de Té Hacendado: Limón, Verde, Limón Sen Azucre e o Té Pexego Cero, máximo sabor e frescura. E agora, tamén, Té Manga Cero.