AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Dálle a calquera momento do día un toque de sabor co novo chocolate con leite 100 gr. Hacendado. Lévao canda ti a calquera parte ou goza del na casa.

Novo chocolate con leite Hacendado

03 de abril de 2018

Existen moitas variedades de cacao canto ao sabor e á súa elaboración. Nós presentámosche o novo chocolate con leite 100 gr. de Hacendado sen glute.

Entre as súas principais características, destacan a súa suavidade e mais a súa cremosidade. Esta barra de chocolate, de tan só 100 gramos, é ideal para a levares canda ti a calquera lugar e mais para lle dares un gusto ao teu padal cando o desexares. Tampouco pode faltar na túa lacena, moi pretiño doutros produtos para o almorzo ou a merenda.

Un chocolate con leite para gozares en todo momento

Pola mañá, pola tarde, pola noite… en calquera momento do día será fabuloso para te mimares un pouco e para degustares o novo chocolate con leite 100 gr. Hacendado. Non contén glute e posúe un suave sabor a cacao e leite. Pódela comer soa, acompañada de café, infusións...

Consérvao nun lugar fresco e seco, afastado de cheiros. E ten en conta que a súa temperatura ideal de conservación está entre os 18 e os 20 graos, polo que no verán cómpre que o gardes no frigorífico para que manteña a súa textura, sobre todo se o ambiente en que vives é caloroso.

Outras recomendacións

Este chocolate con leite 100 gr. Hacendado estará aínda máis delicioso se o combinas coas infusións Hacendado. E se procuras máis doces, proba as nosas galletas recheas de tiramisú ou de gofre con caramelo.