Es dos que lles gusta o sabor intenso do cacao, mais procuras un xeito rápido de o preparar? Agora podes gozar del co novo chocolate á taza, ideal para tomares en calquera momento do día, quer frío quer quente.
Pola súa doada preparación e o seu peculiar sabor, o chocolate á taza “listo para tomar” La Chocolatera de Mercadona é recomendable para tomar en calquera momento do día.
Unha vez aberto recoméndase gardar o envase ben pechado no frigorífico e consumilo antes de cinco días.
O chocolate á taza “listo para tomar” La Chocolatera de Mercadona está fabricado pola empresa Chocolates Valor S.A., localizada en Villajoyosa, Alacante, unha mostra máis do compromiso cos produtos españois en Mercadona.
Encontraralo dispoñible en brick tamaño de 1 litro.
Como preparar o novo chocolate á taza de Mercadona?
Soamente hai que destapar o brick e quentar nun cazo sen deixar de remexer. Se usas o microondas, cómpre servilo nun vaso ou taza, quentar e, listo para tomares!
Polo seu sabor intenso, este chocolate á taza de Mercadona pódelo tomar cando ti quixeres. É perfecto quer para un descanso no traballo quer para eses momentos de lecer, en que simplemente che apetece gozar dun bo chocolate co mellor sabor a intenso cacao.
Chocolate á taza Hacendado
Se, no entanto, prefires un chocolate á taza cun sabor máis suave recomendámosche o chocolate á taza Hacendado, quentar e listo.
O chocolate á taza Hacendado de Mercadona está fabricado pola empresa S.C.A Ganadera do Valle de los Pedroches (COVAP), localizada en Pozoblanco (Córdoba).
Modo de emprego:
Recomendámosche axitalo antes de servir. Se o vas quentar podes facelo co:
- Microondas: Cómpre non introducir este envase no microondas. Vérteo nun recipiente, quéntao uns minutos ao teu gusto e, listo para tomares!
- Cazo: Chega con verter o contido nun cazo e removelo continuamente para evitar que saian grumos.
Outras recomendacións
Se che gusta o café, recomendámosche o novo café soluble suave de Mercadona, toda a enerxía do café mais cunha intensidade máis suave.