AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Café Soluble Suave de Mercadona

Novo Café Soluble Suave de Mercadona

11 de novembro de 2016

Es dos que queren toda a enerxía do café, mais procuras unha intensidade máis suave? Agora podes gozar dela co novo Café Soluble Suave de Mercadona, ideal para tomar en calquera momento do día, tanto co leite como coa auga quente.


Como preparar o novo Café Soluble de Mercadona Natural Suave

Esta nova variedade de Café Soluble de Mercadona é igual de doada e cómoda de preparar que o resto de variedades dispoñibles até o momento.
Tan só hai que engadir dúas culleradiñas nunha taza de café, botar auga ou leite ben quente e, a gozar!
Grazas á súa intensidade suave, podes tomar este Café Soluble de Mercadona cando ti queiras. É perfecto tanto para un break no traballo como para eses momentos de relax, nos que simplemente che apetece gozar dun bon café que che achegue o extra de enerxía que procuras, mais cun sabor máis suave.


Por que escoller o Café Soluble Natural Suave de Mercadona

Ademais da súa sinxela preparación, o seu peculiar sabor e de incluír toda a enerxía que precisas, o Café Soluble Natural Suave de Mercadona tamén é recomendable pola súa fácil conservación.
Unha vez aberto recoméndase gardar o frasco ben pechado nun lugar fresco e seco. Para manter todo o seu sabor só hai que preservalo do sol e dos cheiros agresivos.
O Café Soluble Suave de Mercadona está fabricado pola empresa Produtos Solubles, sediada en Venta de Baños (Palencia), unha mostra máis do compromiso de Mercadona cos produtos españois.
Podes escoller a cantidade que máis se adapte aos teus gustos e necesidades. Encontraralo dispoñible en 3 modalidades:

  • Sticks: Capacidade para até 10 tazas
  • Bote de 100 g.: Contén 50 racións
  • Bote de 200 g.: Contén 100 racións

Se estás a procurar unha achega extra de enerxía mais con menor intensidade, escolle o Café Soluble Natural Suave de Mercadona, e goza do seu sabor!

Outras recomendacións

Podes gozar do Café Soluble Natural Suave de Mercadona con auga quente ou con algún dos tipos de Leite de Mercadona, dispoñibles nunha gran variedade para que escollas a que mellor se complementa co teu café.
Ademais, podes gozar del perfectamente en almorzos acompañado dos nosos bolos acabados de facer, no forno ou cos nosos cereais Hacendado.
De preferires unha opción igual de cómoda, aínda que máis refrescante, podes probar os novos Cafés con Leite Fríos de Mercadona, agora dispoñibles cos sabores Cappuccino, Espresso, Descafeinado e Light Sen Lactosa.