Xa podes encontrar nas tendas Mercadona, as nosas novas cervexas Reserva e Dobre Malta, dúas excelentes opcións de intenso sabor e con corpo, que non te deixarán indiferente.
Nova Cervexa Reserva, unha opción máis especial
A nova Cervexa Reserva de Mercadona preséntase con 7,2º de alcol, o que a fai perfecta para eses momentos en que se prefire degustar unha cervexa algo máis especial.
O seu intenso sabor encárgase diso. Se queres gozar ao máximo da cervexa Reserva podes mantela no frigorífico, mais non a bebas demasiado fría. Deste xeito, poderás apreciar tanto o seu característico aroma como, sobre todo, o seu equilibrado sabor entre amargo e doce.
A cervexa Reserva de Mercadona ten unha tonalidade claramente torrada e unha escuma notable, densa e branca. Ao degustala, comprobarás que é unha cervexa con moito corpo e cun sabor moi constante, que te acompaña desde o comezo até o final do grolo.
Para maridaxe coa cervexa Reserva de Mercadona, a mellor opción é escoller carnes suaves e peixes, que non vaian competir co seu sabor ou, para unha reunión informal cos amigos, tamén virán estupendamente uns petiscos fritidos.
Nova Cervexa Dobre Malta, con dobre de intensidade
A nova cervexa Dobre Malta de Mercadona acada os 7,4º de alcol, polo que ao igual que acontece coa cervexa Reserva, tamén ofrece un sabor moi intenso, apoiado na súa dobre malta.
Caracterízase por unha cor torrada e un sabor principalmente amargo do comezo ao fin do grolo. Trátase dunha cervexa única, cunha escuma curiosamente fina, mais moi persistente e que acompaña en todo momento a degustación. Poderás gozala na súa totalidade se, como che aconsellamos coa cervexa Reserva, coa Dobre Malta non a serves demasiado fría.
A cervexa Dobre Malta de Mercadona é tan intensa que se volve moi recomendable para acompañares un bo almorzo ou cea con amigos e familiares. É o complemento ideal para a carne vermella ou a caza.
Opcións de cervexa Reserva e Dobre Malta en Mercadona
Para que poidas gozar xunto cos teus convidados das cervexas Reserva e Dobre Malta, en Mercadona ofrecémosche varias opcións para escoller.
A cervexa Reserva está dispoñible en packs divisibles de 6 botellas, para que poidas aproveitalo en conxunto ou escoller as unidades que precises.
Pola súa parte, a cervexa Dobre Malta tamén está dispoñible en pack de 6 botellas e, ademais, tamén en pack de 6 latas, que do mesmo xeito podes separar se prefires menos unidades.
Para unha mellor conservación, recomendámosche que manteñas estas cervexas nun lugar fresco e seco, sen presenza de olores agresivos que poidan afectarlles, alén de protexidas da luz solar.
En calquera envase que escollas, a cervexa Reserva e a cervexa Dobre Malta son dúas opcións perfectas para quen procura unha bebida cun sabor especial de grande intensidade.
Outras recomendacións
Se queres acompañar a túa cervexa cuns petiscos deliciosos, o Pistacho Torrado Hacendado é unha opción ideal, saborosa e rica en fibra, magnesio e ferro. Para alén diso, agora tamén dispoñible sen sal.
Para quen procura tamén unha opción diferente de degustación mais igual de intensa, o novo Viño Blancauvas de Mercadona, inspirado nos contos clásicos, vaite abraiar.