Nuevas Bebidas Frías con Leche de Mercadona

Novas Bebidas Frías con Leite de Mercadona

30 de maio de 2017

Traemos boas novas para os apaixonados das bebidas frías con leite! Coa chegada do verán en Mercadona poñemos á túa disposición as novas bebidas frías de Cacao, Matcha Latte e Mango Lassi, ideais para tomares en calquera momento e lugar.

Bebida de Cacao Fría de Mercadona

A Bebida de Cacao Fría de Mercadona abraiará os máis larpeiros. Está elaborada con leite fresco e é tan saborosa como cómoda. Podes levala contigo e tomala en calquera lugar. Ideal para comenzar o día cun cacao fresquiño e cremoso. Para que este verán non che falte a enerxía!

Matcha Latte Frío de Mercadona

Esta Bebida Fría á base de leite e Té Matcha está inspirada na tradición xaponesa. Recomendada para os apaixonados dos tés e das infusións! E tamén para todos os que procuran unha inxección de enerxía, que achega o seu contido de cafeína.

Mango Lassi Frío de Mercadona

Delicioso Mango Lassi Frío de Mercadona, de iogur e manga. Perfecta para tomares soa ou para acompañares a comida picante. E é que as bebidas de iogur son o mellor para contrarrestares o picante! Inspirada na tradición india, é unha bebida refrescante, perfecta para o verán, ao mesmo tempo que nutritiva e saciante.

Características das Bebidas Frías con Leite de Mercadona:

  • Conteñen leite.
  • Cómpre consumilas sempre frías para conservar todo o seu sabor. Para iso, debes conservalas no frigorífico entre +2ºC e +8ºC.
  • Unha vez aberto o envase consumir inmediatamente.
  • Conteñen 1 ración por vaso.
  • No caso do Matcha Latte hai que ter en conta tamén que contén cafeína.

Podes tomar as Bebidas con leite Frías de Mercadona en calquera momento do día. Quer sexa no almorzo, despois dunha comida ou cea, quer se te procurares refrescar cun extra de enerxía, se te quixeres relaxar nun descanso no traballo ou se precisares acompañar ese anaco de relax especial cunha bebida ben fresquiña con leite…

Cando as necesites, son ideais para transportar e a súa absoluta comodidade (axitar, abrir e consumir) permite gozar sen maior problema tanto do delicioso sabor do Cacao con leite Frío, como do inigualable sabor do Mango Lassi Frío ou o especial Matcha Latte Frío. En calquera momento e en calquera lugar.

Outras recomendacións

Se preferires o café, tamén dispós dos Cafés con Leite Fríos de Mercadona para almorzares ou para consumires en calquera momento do día: Cappuccino, Espresso, Descafeinado e Light Sen Lactosa. De todos os xeitos, lembra que a Bebida Fría Matcha Latte contén cafeína.

E se te preferires refrescar cos nosos Iogures Hacendado para Beber tes para escoller entre diferentes sabores e texturas: Natural, Amorodo, Amorodo-Plátano e, tamén, Ananás-Coco.