A orixe da cervexa sitúase no Neolítico co inicio da agricultura. Considérase unha das bebidas máis antigas creadas polo ser humano e a de maior consumo popular. A procura constante na innovación de sabores e mais de aromas fixeron xurdir novas variedades de cervexa para sorprender os apaixonados da malta. Agora Mercadona presenta a Cervexa Roja, unha variedade para padais exixentes, cun 8,5 % de graduación.
A súa tonalidade avermellada e a súa escuma branca densa e persistente son algunhas das súas principais características. Cómpre resaltarmos, tamén, o seu corpo e mais o seu sabor, que te acompañan desde o inicio até o final.
Packs divisibles de 4 botellas de cervexa Roja
A nova cervexa Roja de Mercadona vén en packs divisibles de 4 botellas. Podes mercar o cómodo pack completo ou podes escoller as unidades que precises en cada momento. Iso si, recomendámosche que merques abondas porque todas as túas amizades e convidados hana querer probar.
Ideas para gozar da nova cervexa Roja
O carácter único desta cervexa Roja convértea en ideal para todo tipo de festas, eventos e momentos únicos. Se a combinas cos teus aperitivos favoritos, éxito garantido.
Cómpre manter a cervexa Roja de Mercadona nun lugar fresco e seco, onde non haxa cheiros agresivos que a poidan afectar, e tamén protexela da luz solar directa.
Outras recomendacións
Crea unha combinación aínda máis deliciosa co falafel de Mercadona acompañado de prebe tahina.