Cerveza Puerto Dorado Sin Gluten

Nova Cervexa Puerto Dorado sen glute

01 de marzo de 2017

Xa está dispoñible nas nosas tendas Mercadona, a nova Cervexa Puerto Dorado sen glute, unha refrescante bebida apta para todo o mundo, incluso para persoas celíacas.

Unha cervexa pensada para celíacos

Esta nova Cervexa Puerto Dorado está dispoñible en packs divisibles de 6 latas, con 33 cl cada unha, polo que podes coller todo o pack ou só as unidades que precises.

Esta cervexa ofrece un agradable sabor e ten unha graduación de 4,8% graos de alcol. É perfecta quer para gozares nunha reunión cos amigos quer para acompañares as comidas.

Mais, probablemente, o máis importante e rechamante é que a nova Cervexa Puerto Dorado non contén glute, o que a fai apta para ser tamén consumida por persoas celíacas.

A fábrica onde se elabora esta cervexa cumpre cos estándares ELS, definidos pola Asociación de Sociedades Europeas de Celíacos (AOECS) e que identifica este produto coa espiga barrada xunto co seu número de licenza.

O compromiso de Mercadona coas persoas celíacas

Hai xa máis de 15 anos, Mercadona comezou o seu compromiso coas persoas celíacas, ofrecéndolles produtos sen glute coas máximas garantías de calidade e seguridade. Paulatinamente, Mercadona aumentou este compromiso ofrecendo máis produtos con estas características conforme pasaban os anos.

Hoxe en día, os clientes de Mercadona poden comprobar como medrou considerablemente a oferta da nosa variedade sen glute, que na actualidade supera os 1.000 produtos.

Deste xeito, o 16% de toda a variedade dispoñible en alimentación de Mercadona está considerada apta para consumidores celíacos.

Agora, a nova Cervexa Puerto Dorado sen glute súmase a esta listaxe de produtos sen glute en continuo crecemento, para gozares do seu agradable e refrescante sabor.

Outras recomendacións

Se procuras outras bebidas refrescantes e naturais proba os novos Zumes Frescos de Mercadona, elaborados con froita, vexetais e plantas con diversas propiedades.

Para acompañares a nova Cervexa Puerto Dorado sen glute, podes preparar unhas deliciosas receitas coa Masa Fresca de Follado sen glute de Mercadona, para pastelería doce e salgada, cun excelente sabor e textura.