Comparte momentos doces coa túa familia ou amigos: biscoitos, pastas, trufas...

Momentos doces para compartir

26 de abril de 2022

Biscoitos, trufas de chocolate, pastas… son bocados perfectos para eses cafés, almorzos, merendas, celebracións ou ocasións especiais con familia ou amigos.

Á túa disposición, unha rica variedade de caprichos doces e deliciosos para compartir. Queres coñecelos?

Pequenos momentos doces para saborear cando queiras

Pastas Lagarto y trufas de chocolate.

Pastas Lagarto

Estas pastas secas con aroma de limón son típicas de Portugal e cada vez son máis coñecidas en España.

Ideais para tomalas soas ou con leite, café, infusións… para almorzar ou merendar, etc.

Trufas de chocolate

Trufas de chocolate recubertas de liscos de chocolate. Preséntanse nun paquete de 12 unidades e están situadas no moble das tortas das nosas tendas.

Para consumilas, débese desconxelar o produto 2 horas en refrixeración. Unha vez desconxelado, débese consumir nun máximo de 72 horas.

Produto sen glute apto para celíacos.

Momentos doces con biscoitos

Bizcocho de yogur y bizcocho de chocolate.

Biscoito de iogur

Un zumarento biscoito elaborado con iogur natural grego e reladura de limón. Na parte superior leva unha capa de azucre que lle dá un aspecto caseiro.

Peso de 800 g. Unha vez aberto, débese consumir nun máximo de 6 días.

Biscoito de chocolate

Biscoito moi tenro de chocolate, apto para persoas intolerantes ao glute e á lactosa.

Peso de 300 g. Unha vez aberto, débese consumir nun máximo de 9 días.

Outras recomendacións

Coñeces as nosas Tortas especiais para celebracións? Perfectas para completar calquera festa e gozar de todo o seu sabor.