Mostra de produtos Sen Glute de Mercadona.

Mercadona únese ao Día Nacional do Celíaco

25 de maio de 2018
  • Un ano máis, Mercadona súmase ao Día Nacional do Celíaco en recoñecemento e apoio ás necesidades deste colectivo.
  • Mercadona ofrece 1.200 produtos Sen Glute e continúa traballando para ampliar a súa oferta mediante a coinnovación cos seus clientes e provedores fabricantes. 

Mercadona únese ao Día Nacional do Celíaco, que se celebra o próximo 27 de maio, co seu apoio a diversas iniciativas que se puxeron en marcha para dar visibilidade e recoñecemento ás necesidades especiais de alimentación e nutrición que teñen as persoas celíacas e contribuír a mellorar a súa calidade de vida.  

A celiaquía é un trastorno de base autoinmune e de carácter permanente en persoas xeneticamente predispostas, inducido pola inxestión de glute (proteína que se encontra nos cereais trigo, cebada, centeo, avea, espelta, kamut® e triticale) e que provoca unha atrofia das vilosidades do intestino delgado afectando a capacidade de absorber os nutrientes dos alimentos.

Produtos Sen Glute en Mercadona

Dende hai anos, Mercadona mantén un firme compromiso coas persoas celíacas. Actualmente, a compañía conta cunha ampla oferta de produtos libres desta proteína. Concretamente, dispón de 1.200 produtos Sen Glute en Mercadona claramente identificados na súa etiquetaxe. Como co resto da oferta, Mercadona ten por obxectivo ofrecer produtos de gran calidade e ao menor prezo posible.

Como exemplo, é destacable o esforzo realizado por Mercadona o último ano nas seccións de Forno e Bolos frescos e conxelados, lácteos e bebidas nas que se introduciron novas referencias  Sen Glute. Á vez, froito da innovación conxunta, tanto cos clientes como cos interprovedores e fabricantes especialistas, séguese traballando na definición dunha oferta eficaz para que os clientes celíacos poidan encontrar nos  lineais de Mercadona as mellores opcións en todas as categorías de produtos.

Mercadona tamén ten en conta a existencia doutras alerxias e/ou necesidades especiais de alimentación e traballa conxuntamente cos fabricantes para, na medida que sexa posible, eliminar os alérxenos. Por exemplo, Mercadona xa dispón na súa oferta de 800 produtos sen lactosa.

Mercadona e as Asociacións de Celíacos

Mercadona colabora con 18 asociacións de celíacos, de intolerancias e outras alerxias, a nivel tanto nacional, como autonómico e provincial, e participa nas súas diversas iniciativas. Mercadona colabora en contidos formativos; actividades como teatros, carnavais ou campamentos; promove visitas a fabricantes de produtos sen glute; participa en xornadas e outras accións formativas e informativas. Por exemplo, durante a fin de semana pasada Mercadona estivo apoiando a iniciativa da Asociación de Celíacos de Catalunya, consistente nunha xornada de obradoiros con nenos cun xefe de cociña no Paseo Marítimo de El Parc Litoral de Sant Adrià del Besós en Barcelona e onde se deron cita multitude de persoas e familias. Do mesmo xeito, Mercadona colabora nos actos que prepararon as asociacións de celíacos autonómicas, federadas en  FACE, tanto a pasada fin de semana como a próxima, de asociacións como ACEPA en Asturias, ACEGA en Galicia ( que realizou o Concurso con nenos CHEF-IÑ@S), ACECAN en Cantabria, ACERI en La Rioja, ACNA en Navarra, ACIB nas Illas Baleares ou ASUCOVA na Comunidade Valenciana, entre outras. Mercadona tamén se suma aos actos que organiza a Asociación de Celíacos e Sensibles ao Glute de Madrid coa celebración do Día Sen Glute nos colexios da Comunidade de Madrid mediante carteis informativos, a difusión do libro "Don Gluten el Travieso" e unha xornada formativa o próximo día 2 de xuño. 

Mercadona mostra o seu apoio a FACE  en todas as iniciativas impulsadas no marco do Día do Celíaco, este ano dedicado a darlle visibilidade á importancia de todas as partes da cadea, e faise eco das palabras de Jon Zabala, Presidente de FACE, na loita pola "normalización, aceptación, comprensión e unha vida sen glute (…) Estes son os piares nos que un ano máis se sustenta a nosa reivindicación".

Súmaste a esta cadea?