Mercadona comprometida co Día do Celíaco 2016.

Mercadona comprometida co Día do Celíaco

27 de maio de 2016
  • A compañía parabeniza e comparte as iniciativas organizadas co gallo do Día do Celíaco.
  • Mercadona reforza a súa variedade Sen Glute e ofrece máis de 1.000 produtos Sen Glute. Hoxe, o 16% da variedade de alimentación é apta para celíacos.

O compromiso de Mercadona co colectivo celíaco continúa a medrar. No 2015, a compañía conseguiu pechar o ano con máis de 1.000 produtos Sen Glute, 100 máis que no 2014. A cadea de supermercados, que colabora desde hai máis de 15 anos con este colectivo, quere ademais que esta cifra continúe a aumentar ao tempo que  participa nas súas iniciativas.

Hoxe celébrase o 'Día Nacional do Celíaco', é por iso que Mercadona parabeniza todas as asociacións de celíacos polo labor desempeñado durante tantos anos, cuxo esforzo e traballo fixo que hoxe as persoas celíacas teñan unha calidade de vida moito mellor.

Actividades programadas

FACE (Federación de Asociaciones de Celíacos de España) e as 17 asociacións que a forman, programaron para hoxe varias iniciativas. A nivel institucional, solicitáronlles aos concellos de diferentes provincias que hoxe ondeen nos seus balcóns bandeiras co logo do Día Nacional do Celíaco. E a nivel particular, piden que se difundan globos azuis nas redes sociais co hashtag #movimientoceliaco.

Día Nacional del Celiaco 2016

Alén diso, o Presidente de FACE, Jon Zabala Bezares, reivindica a máxima seguridade alimentaria nos produtos Sen Glute.

Día Mundial del celíaco 2016.

 

Máxima calidade e seguridade alimentaria

Mercadona, comparte estas necesidades e desde o comezo estivo comprometida a ofrecer sempre a máxima Seguridade Alimentaria e Calidade. Por iso os fornecedores fabricantes de produtos sen glute realizan constantes controis do produto, e das materias primas, ao tempo que son certificados, por empresas externas acreditadas, nas normas de Seguridade Alimentaria máis estritas, como a IFS v-6, BRC, Global Gap; entre outras.