AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Incorporamos melloras na nosa liña de bebidas alcohólicas para satisfacer as necesidades dos nosos clientes.

Melloras na calidade das nosas bebidas alcohólicas

04 de novembro de 2019

Grazas ao noso modelo de coinnovación ou innovación conxunta cos nosos clientes conseguimos mellorar a calidade das nosas bebidas alcohólicas nas diferentes categorías de:

  • Whisky
  • Xenebra
  • Vodka
  • Vermú
  • Brandy
  • Cremas
  • Augardentes

Como melloramos a calidade das nosas bebidas alcohólicas?

Dúas liñas de actuación principais permitíronnos elevar a calidade nestes produtos:

  • Escoitar os nosos clientes, en diferentes momentos e lugares de consumo, tendo en conta a súa opinión.
  • Traballar da man de provedores especialistas. Neste sentido, aumentamos o número de provedores de 3 a 24.

Que melloras introducimos nas nosas bebidas alcohólicas?

Destacamos as seguintes melloras de calidade:

  • Mellora de sabor: cando falamos de calidade en bebidas alcohólicas referímonos sobre todo ao sabor que o cliente espera encontrar en cada unha delas. Por exemplo, no caso do Whisky podemos encontrar sabores máis suaves ou máis intensos. Non obstante nas Cremas, a calidade valóraa o cliente cando encontra a cremosidade, a dozura e o sabor concreto de cada unha delas.

Texto 1 Imagen Bebidas Alcohólicas GALL

Imagen Bebidas Alcohólicas GALL Texto 2

  • Incorporación da data de caducidade: entre as melloras de calidade realizadas destacamos a incorporación da data de caducidade nos Vermús e nas Cremas de licor, para garantir a súa máxima calidade.

Texto 3 Imagen Bebidas Alcohólicas GALL

  • Novos sabores en Xenebra: grazas ao aumento de provedores especialistas cos que traballamos puidemos cubrir as necesidades dos nosos clientes e desenvolver outros sabores como é o caso da nova Xenebra Floral. Unha xenebra con dúas características principais:
    • Parte do seu alcohol provén do viño albariño.
    • Leva unha achega de 15 botánicos elaborados artesanalmente.

Texto 4 Imagen Bebidas Alcohólicas GALL

  • Melloras no envoltorio: realizamos cambios no envoltorio. Por un lado, o deseño das nosas botellas é agora máis atractivo, como no caso do Vodka. Por outro lado, no das Cremas unificamos o deseño de todas elas, para que os nosos clientes poidan encontralas máis facilmente no noso lineal.

Texto 5 Imagen Bebidas Alcohólicas GALL

  • Melloras en todas as categorías: tamén logramos a mellora de calidade nas categorías de Brandy, Vermú e Augardentes grazas ao traballo realizado cos nosos provedores especialistas.

Texto 6 Imagen Bebidas Alcohólicas GALL

Texto 7 Imagen Bebidas Alcohólicas GALL

Outras recomendacións

Descubre a nosa ampla selección de Cervezas e as súas melloras de calidade.