Contámosche as últimas melloras de calidade incorporadas á nosa familia de ensaladas

Melloramos a calidade das nosas ensaladas

07 de agosto de 2020

A ensaladas son auténticos praceres gastronómicos, algo que se nota no noso lineal pola grande aceptación desta familia de produtos.

Dende a clásica ensalada rusa ata outras máis sofisticadas como a de cangrexo ou a americana, estes pratos son perfectos para a época estival.

Non é estraño que gocen de tanta popularidade, xa que, á parte do seu extraordinario sabor, podes gozalas en calquera parte (na casa, na oficina, na praia, de excursión...), adóitanse consumir frescas e son perfectas para compartir cos teus familiares e amigos.

Melloras xerais na nosa familia de ensaladas

Conscientes de todo iso, realizamos importantes melloras na calidade da nosa familia de ensaladas, que os nosos clientes saben apreciar e agradecen. En liñas xerais:

  • Agora son Máis Caseiras.
  • Mellorouse a materia prima e os procesos de elaboración.

Como melloramos cada unha das nosas ensaladas?

A continuación, contámosche con máis detalle as melloras de cada unha das nosas ensaladas:

Ensalada rusa

Texto 1 Imagen Ensaladillas

  • Agora cun sabor máis caseiro.
  • Eliminouse a acidez.
  • Melloráronse os ingredientes, agora elaborámola con verdura fresca.

Ensalada americana

Texto 2 Imagen Ensaladillas

  • Agora a salsa non é tan líquida

Ensalada de cangrexo

Texto 3 Imagen Ensaladillas

  • Aumentáronse os anacos e fíxose homoxénea a Ensalada.
  • Eliminouse a acidez.

Patacas alioli

Texto 4 Imagen Ensaladillas

Agora cun sabor máis tradicional.

  • Aumentamos o sabor a allo.
  • Agora cunha textura máis natural e cremosa da pataca.

Xa podes gozar todas estas melloras na nosa familia de ensaladas. Non esperes máis para probalas!

Outras recomendacións

Refréscate con Cider Wild Panther, 4 sabores para elixir!