Complementa os teus almorzos, xantares ou merendas co mel Hacendado. Tamén o podes engadir nas infusións e en todo tipo de receitas de pastelería.

Mel Hacendado: catro sabores diferentes

09 de abril de 2018

A colleita do mel e mais o seu consumo é un costume enraizado no ser humano. A paixón polo mel ten evolucionado co tempo e tamén o fixeron as súas variedades e o seu sabor.

En Mercadona creamos catro variedades de mel Hacendado: o cremoso, o mel de romeu, o mel de laranxeira e mais o mel de eucalipto. Posúen cadanseu sabor e cadansúa textura para se adaptaren a todo tipo de gustos e momentos.

Mel cremoso Hacendado

O noso mel cremoso Hacendado, colleitado en España, é doado de untar. Grazas á súa textura é perfecto para acompañar torradas ou calquera tipo de bolaría. Posúe un sabor suave e moi agradable para o padal. Utilízao nos teus almorzos e merendas.

Mel de romeu Hacendado

Para aqueles a quen lles gusta adozar as súas infusións con mel, a súa suavidade fará que os tés manteñan o sabor orixinal, mais cun toque especial. O mel de romeu Hacendado, colleitado en España, é unha alternativa ao azucre.

Mel de laranxeira Hacendado

A flor de azar é unha das máis cobizadas para elaborar mel grazas aos seus valores aromáticos. O mel de laranxeira Hacendado, colleitado en España, converterase no complemento perfecto para todo tipo de receitas de pastelería. Así como para sobremesas típicas como as torradas, pancakes de pan, as crepes ou as chulas.

Mel de eucalipto Hacendado

Aqueles padais que prefiren sentir un sabor máis forte e intenso poden escoller o mel de eucalipto Hacendado, colleitado entre España e Arxentina. Caracterízase polas súas delicadas notas a regalicia e o seu sabor profundo.

Outras recomendacións

Dálle un toque extra ás infusións Hacendado cun dos nosos meles. Ou se os prefires para untar, recomendámosche o noso delicioso pan con trigo Hacendado para completar os teus almorzos e merendas.