AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Masa de Hojaldre Sin Gluten de Mercadona

Masa de Follado Sen Glute, para todos os gustos

17 de febreiro de 2017

Salgado ou doce, que elixes?

A Masa Fresca de Follado Sen Glute de Mercadona é perfecta para preparares as mellores receitas para toda a familia. Unha crocante masa fina, ideal para elaborares deliciosas tortas e todo tipo de pastelería doce e salgada. Goza do seu excelente sabor e textura, e sorprende coas súas infinitas posibilidades á hora de elaborares os teus pratos.

Coa Masa de Follado Sen Glute, lista para enfornar, conseguirás un excelente resultado. Podes preparar as receitas tradicionais de sempre ou deixarte inspirar creando diferentes formas e recheos.

Unha riquísima Masa de Follado, crocante e lixeira, ideal para preparares todo tipo de receitas: palmeiriñas, cocadas, trenzas, croissants, tortas...

Recomendacións e pasos a seguir:

  1. Prequentar o forno enriba e embaixo.
  2. Desenrolar a masa e deixar sobre a superficie a traballar, xunto co papel de forno.
  3. Con recheo: colocar os ingredientes que máis nos gusten.
  4. Sen recheo: recoméndase picar cun garfo a masa para evitar que suba.
  5. Dálle forma á masa e crea diferentes receitas: palmeiriñas, croissant, trenzas… A seguir enforna até que quede dourada.

Outras Recomendacións:

Recomendámosche os novos zumes frescos de Hacendado, elaborados á base de froitas, vexetais e plantas de diferentes propiedades que non conteñen glute nin lactosa.

Tamén che recomendamos a Pizza de Xamón e Queixo sen glute e sen lactosa de Hacendado, unha deliciosa pizza lista para enfornares e tomares, en tan só uns minutos.