Esperando xa o próximo partido da Selección? Invitámosche a emocionarte coa Eurocopa e cos nosos Aperitivos e Bebidas. A gran competición futbolística gózase mellor dende a casa cunha boa selección de aperitivos e bebidas. O fútbol de elite merece unhas tapas á súa altura!
Celebra as mellores xogadas do teu equipo con estes saborosos bocados. Se organizas unha boa reunión con familiares e amigos arredor da televisión, marcarás o mellor gol coa nosa selección especial de Aperitivos!
Selección de Aperitivos e Bebidas de Mercadona para gozar do mellor fútbol dende a casa
Temos a nosa propia selección de Aperitivos e Bebidas para acompañar á de fútbol. Descúbrea, tes onde elixir!
Cervexas
Tomar unhas cervexas frescas vendo o partido é todo un clásico. Elixe a túa favorita:
- Cervexa Clásica Steinburg.
- Cervexa Especial Steinburg.
Cider
Esta bebida refrescante gózase a tope superfría e tamén é perfecta para celebrar os goles da túa selección. Podes elixir entre catro sabores:
- Mazá.
- Amorodo-Lima.
- Blackberry.
- Manga.
Hummus
Un aperitivo suculento e natural, perfecto para dipear ou untar e acompañar a emoción do bo fútbol.
Queixo Vello
O Queixo Vello tostado de intenso sabor que trunfa pola súa mestura de leite de vaca, de ovella e de cabra. Non pode faltar!
Espeto Perlas de Mozzarella e Tomate Cereixa
Unha delicia de sabores e cores, ideal para esas reunións futboleiras.
Guacamole
Elaborado cun 95 % de aguacate, para que os partidos finalicen co mellor sabor de boca.
Sticks Longaínza
Sticks para picar mentres segues as evolucións dos teus xogadores favoritos sobre o terreo de xogo. Acompáñaos cuns pauciños de pan!
Patacas Fritas
As clásicas patacas fritas, o aperitivo por excelencia para ver o partido acompañado dunha boa bebida.
Flocos de millo
Atención ao espectáculo con estes deliciosos flocos de millo crocantes xa feitos, nunca fallan.
Xamón curado cortado
Comodidade e exquisito sabor para gozar do mellor evento deportivo.
Nachos
Gústache dipear? Pois non esquezas estes nachos, un aperitivo moi apetitoso para esta Eurocopa.
Olivas Recheas
Que ricas estas olivas para poñerlle sabor ás mellores xogadas das estrelas do fútbol.
Cacahuetes
Que tal uns deliciosos cacahuetes sen sal para amenizar a competición?
Cóctel Crunchy
Sírvelles esta completa e divertido selección de froitos secos aos teus invitados, ponlles unhas bebidas e... a ver o partido!
Banderillas de anchoa
Outro aperitivo típico: banderillas de anchoa e bocarte. Éxito garantido nas tapas futboleiras!
Fuet Espetec
A ver se chega enteiro ao final do partido, está boísimo!
Mexillóns en escabeche
E se ao final o fútbol non resulta totalmente emocionante, estes mexillóns non fallan.
Tortilla de pataca con ou sen cebola
Que dicir deste aperitivo? É perfecto para sentarse a ver o partido e gozar xunto aos teus.
Pizzas de estilo napolitano
Sorprende os teus invitados no descanso coas nosas Pizzas refrixeradas de estilo napolitano. Irresistibles!
Outras recomendacións
Nestas citas futbolísticas, non esquezas as nosas Ensaladas: rusa, americana, de cangrexo ou de patacas alioli. Cal prefires?