Selección de produtos sen glute de Mercadona.

Máis de 1.300 opcións sen glute en Mercadona no Día Nacional do Celíaco

27 de maio de 2020
  • Mercadona únese este 27 de maio ao Día Nacional do Celíaco como parte do seu compromiso e apoio cara ás persoas celíacas.
  • A compañía segue desenvolvendo a súa selección de produtos libres de glute e na actualidade dispón de máis de 1.300 produtos aptos para celíacos.

Mercadona únese ao Día Nacional do Celíaco que se celebra cada 27 de maio como parte do seu compromiso coas persoas que padecen esta enfermidade. Por iso, lanzou este vídeo con algunhas ideas de pratos libres desta proteína de entre os máis de 1.300 produtos sen glute de Mercadona.

O vídeo recolle unha pequena mostra do gran número de produtos aptos para celíacos en Mercadona que podes encontrar nas tendas. Ademais, dende a compañía, séguese traballando para ofrecer unha selección de produtos sen glute Hacendado adaptada ás necesidades dos que teñen intolerancia ou alerxia ao glute.

A selección de produtos sen glute de Mercadona

Cada ano Mercadona suma novos produtos á lista de produtos sen glute Hacendado. Na actualidade, Mercadona ofrece máis de 1.300 solucións convenientemente envasadas e identificadas na súa etiquetaxe para garantirlle a máxima seguridade alimentaria aos seus clientes celíacos.  

Mercadona tamén ten en conta outras alerxias e intolerancias alimentarias. Por iso, traballa diariamente na mellora da selección e identificación de produtos sen alérxenos.

Colaboración con organizacións de persoas celíacas

Mercadona colabora con distintas entidades de referencia en España, como a Federación de Asociacións de Celíacos de España (FACE) e as súas asociacións autonómicas, Associació de Celíacs de Catalunya, a Asociación de Celíacos e Sensibles ao Glute (ACSG)  e  a Asociación de Intolerantes á Lactosa de España (ADILAC).

Para Mercadona, o papel destas organizacións representativas é fundamental e a súa colaboración con elas axuda a coñecer mellor e ter en conta as necesidades dos consumidores celíacos.

O obxectivo da relación de Mercadona con estas entidades é traballar conxuntamente para encontrar solucións ás necesidades de todos os consumidores, e poder ofrecer produtos aptos para as súas dietas con todas as garantías.

En palabras de Mª Eugenia Canalías, presidenta da Federación de Asociacións de celíacos de España (FACE), ante esta situación excepcional declara que “como nova presidenta de FACE, creo firmemente na famosa frase da unión fai a forza. Empezamos un ano duro pero o importante é non deixarse abater, hai que unirse para xuntos buscar a parte positiva”. Pode consultarse a súa carta completa aquí

Pola súa parte, José T. Molina, presidente da Associació de Celíacs de Catalunya indica que "animamos aos fabricantes e distribuidores a escoitar e atender as necesidades do colectivo celíaco, consistentes nunha maior calidade dos produtos sen glute, unha etiquetaxe clara que non induza a erro ou confusión, unha oferta máis saudable nutricionalmente e un prezo equivalente ao dos seus homólogos con glute; á vez que nos poñemos á súa disposición para traballar de maneira coordinada".

Por último, Roberto Espina, director da Asociación de Celíacos e Sensibles ao Glute da Comunidade de Madrid insta a que “o colectivo de persoas celíacas e sensibles ao glute cada día é máis numeroso e, dado que o único tratamento da súa enfermidade é unha estrita dieta sen glute toda a vida, demanda unha industria que teña en conta as súas necesidades e ofreza unha ampla gama de produtos sen glute que facilite o seu día a día”.

Consellos sobre os nosos produtos sen glute

Coñece máis sobre os produtos sen glute Hacendado no apartado de Consellos Sen Glute.