AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Infusións Hacendado: Figura, Digest e Dormir. Unha axuda para o teu día a día.

Infusións Hacendado

27 de septembro de 2017

Experimenta un agradable momento tomando as Infusións Hacendado: Figura, Digest e Dormir. Cada unha está elaborada coidadosamente con ingredientes naturais para axudarte a coidar da liña, favorecer as dixestións ou contribuír a conciliares o sono.

Infusións Hacendado: Unha axuda para o teu día a día.

Infusión Figura: Unha equilibrada combinación de té verde, xestela, senna, mate e follas de alcachofa cun agradable aroma que te axudará a coidar da liña despois do verán.

Infusión Digest: Elaborada con macela, hortelá, boldo e fiúncho cun delicioso aroma. Se sofres de dixestións pesadas, a infusión Digest Hacendado axudará a te sentires mellor.

Infusión Dormir: Unha mestura de herba cidreira, pasiflora, tila e herba benta aromatizada. A Infusión Dormir Hacendado constitúe unha axuda natural para combateres eses días de estrés en que non dás conciliado o sono.

Aproveita calquera momento para saboreares as Infusións Hacendado: Figura, Digest e Dormir. Xa dispoñibles en Mercadona!

Outras recomendacións:

Se precisas café no teu día a día, proba o Café Soluble Suave de Mercadona. Tómao con leite ou auga quente.

Ademais, proba as bebidas vexetais de Mercadona , permítenche alimentarte e hidratarte con proteínas de orixe vexetal, unha alternativa ao leite animal máis axeitada para aquelas persoas adultas que teñan intolerancia á lactosa ou ás que lles guste o seu sabor.