Produtos imprescindibles para combater o frío, perfectos para este inverno.

Este inverno, cóidate coa nosa selección de imprescindibles para o frío

12 de xaneiro de 2023

No inverno, o teu corpo necesita combater os efectos do frío. Para conservar a calor corporal, nada mellor que abrigarte e coidar a túa alimentación.

Tomar bebidas quentes ou produtos que che axudan a levar mellor o frío é fundamental. Así mesmo, debes darlle prioridade a aqueles ingredientes que che axuden a previr os arrefriados, tan habituais nesta época do ano.

A continuación, recomendámosche algúns dos nosos produtos imprescindibles para combater o frío.

Infusións

Dispós de 4 tipos de infusións contra o frío, especialmente recomendadas para a época de baixas temperaturas. Son ideais para restablecer a calor corporal e unha solución eficaz e agradable para hidratarte no inverno: Tomiño, Macela sabor a mel, Respir e Xenxibre.

O seu sabor é delicioso, podes tomalas despois das comidas, reservalas para os momentos de relax ou distribuílas ao teu gusto ao longo do día.

Imprescindibles para el frío: Infusiones contra el frío Mercadona

Chocolate con churros

En pleno inverno, a quen non lle apetece un tradicional Chocolate con churros? Ben quentiño, é ideal para coller enerxía e entrar en calor.

É un almorzo nutritivo, perfecto para os días fríos. A combinación do chocolate cos churros achéganos múltiples beneficios e axúdanos a estabilizar a temperatura do noso corpo.

Goza de todo o seu sabor en compañía, mentres compartes unha boa conversación. Os días máis especiais empezan cun bo Chocolate con churros. Basta con quentar e servir.

Imprescindibles para el frío: Chocolate a la taza con churros Mercadona

Gomas de mascar e caramelos de xenxibre e limón, sen azucres engadidos

O xenxibre e o limón son dous ingredientes que contribúen ao bo funcionamento do noso organismo e fortalecen o noso sistema inmunitario.

As gomas de mascar e caramelos de xenxibre e limón son perfectos para gozar de todos os beneficios de ambos os dous alimentos dunha forma máis informal e divertida. Unha alternativa estupenda para pequenos e grandes, que se pode consumir en calquera momento e en calquera lugar.

Sorpréndete con esta combinación de sabores e o seu estimulante toque picante e aromático.

Imprescindibles para el frío: Chicles y caramelos de jengibre y limón Mercadona

Outras recomendacións

No inverno son moi recomendables os pratos quentes de culler. Sopas, caldos, cremas… Ensinámosche o paso a paso para preparar tres receitas de Cremas saudables, ideais para esta época do ano.

Outras boas ideas para este inverno son as nosas receitas de Sopa Minestrone e Sopa de kale, bimi e leituga.

Aprende a preparar un Té matcha quente para os días de frío.