Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

En Mercadona temos as mellores suxestións para regalar no Día do Pai.

Ideas para regalar no Día do Pai

11 de marzo de 2019

Achégase o Día do Pai, unha data sinalada no calendario, o momento perfecto para demostrarlle todo o teu cariño a esa persoa tan querida.

Se buscas ideas para regalar, en Mercadona temos as mellores suxestións para que este Día do Pai o celebredes en familia cuns regalos moi especiais.

Presta atención á nosa Torta especial para o Día do Pai e aos nosos lotes de fragrancias.

Torta Día do Pai para “o mellor Pai do mundo”

Tarta del Día del Padre de Mercadona

Propoñémosche unha torta ideal para rematar a comida familiar do Día do Pai. Se lle gusta o doce, gozará con esta rica sobremesa que, ademais, conta cun detalle simpático e emotivo que o sorprenderá.

Características da Torta Día do Pai

  • Trátase dunha torta rectangular de 20 racións, composta por dous biscoitos de vainilla ben calados, entre os que se dispuxo unha capa de nata montada. A superficie está cuberta cunha capa de xema artesá sobre a que se le, escrita con chocolate, a frase “Noméote o mellor pai do mundo”.
  • O lateral está decorado cun delicioso crocante de améndoa con chocolate.
  • Antes de consumila, desconxelar 3 horas e 30 minutos na neveira ou 2 horas a temperatura ambiente.
  • Edición limitada.

Fragrancias para o Pai máis especial

Á túa disposición na Perfumería de Mercadona, fragrancias e lotes para regalar no Día do Pai.

Mistery

Frangancia para hombre Mistery de Mercadona.

  • Minifragrancia de 25 ml.
  • Ideal para levar no bolso ou na mochila.
  • Fragrancia da familia olfactiva aromática-fougère.
  • Edición limitada.

Mr. Perfect

Fragancia para hombre Mr. Perfect de Mercadona.

  • Lote composto por perfume de 35 ml e xel de 80 ml.
  • Fragrancia amadeirada.
  • Edición limitada.

Lote Ikiru

Lote Ikiru, fragancia para hombre de Mercadona.

  • Lote composto por Eau de Toilette de 100 ml e un complemento (neceser).
  • É unha fragrancia suave con notas cítricas acuáticas e amadeiradas.
  • O lote (fragrancia e neceser) é edición limitada. A fragrancia soa é de venda habitual.

Outras recomendacións

Coñeces a Liña Vido? É ideal para o coidado da pel masculina xa que lle achega hidratación, frescura e luminosidade ao rostro. Outro regalo perfecto para o Día do Pai!