AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Hummus de Lentejas de Mercadona

Hummus de Lentellas, ideal para dipeares

21 de agosto de 2017

Se che gusta o Hummus, non podes pasar sen probar o novo Hummus a base de Lentellas. Xa dispoñible en Mercadona! É a opción ideal para dipeares con amigos ou familiares, listo para gozardes decontado dun dos pratos máis populares da dieta mediterránea.

Que é o novo Hummus de Lentellas de Mercadona?

O Hummus é un delicioso puré elaborado tradicionalmente con garavanzos. O novo Hummus de Lentellas de Mercadona, porén, ofrece unha alternativa á clásica receita.

Esta nova elaboración conséguese cunha combinación equilibrada de lentellas cocidas, aceite de oliva, limón, allo e tahina.

O resultado é un puré perfecto para servires como entrante, canapé ou para acompañares os teus mellores pratos, xa que ten un sabor ideal para combinares con diferentes receitas de carne.

Novo Hummus de Lentellas de Mercadona, ideal para todo o mundo

Este novo Hummus elaborado con lentellas cocidas é unha preparación da compañía Rensika, na súa fábrica de Barcelona, unha nova mostra do compromiso de Mercadona cos produtos de empresas españolas.

Para alén diso, o Hummus de Lentellas de Mercadona non contén glute, o que o converte nunha comida perfecta para todas as persoas celíacas. De feito, polos produtos que se empregan na súa elaboración, tamén é compatible cunha dieta vexetariana ou vegana.

Como preparar o Novo Hummus de Lentellas de Mercadona?

O mellor do novo Hummus de Lentellas de Mercadona é que está listo para comer. O ideal é manter o produto refrixerado, entre 0ºC e 7ºC. Despois é posible servilo directamente.

O Hummus de Lentellas ofrécese en tamaño de 240 gramos, perfecto para compartires cos amigos ou coa familia. Ademais, podes temperalo cun esguicho de aceite de oliva ao teu gusto.

Á hora de o presentares, podes acompañar o Hummus de Lentellas de Mercadona con boliños, crudités ou triángulos de millo. Mais tamén é unha combinación deliciosa se o probardes en compangos, torradas ou incluso nun sándwich.

Outras recomendacións

Non deixes pasar a oportunidade de gozar o Hummus de Lentellas co Pan para Dipeares de Mercadona, fino, salgado e co tamaño perfecto para untares nel.

Outra comida saudable e deliciosa que cómpre que probes é o Tofu de Mercadona, rico en proteínas, para alén de baixo en calorías e graxas, sen glute e sen lactosa.