Gozar dun prato de pasta con salsa boloñesa que non leve carne é posible. As Hélices sen glute con boloñesa vexetal de Mercadona son a opción ideal para persoas celíacas, vexetarianas e, en xeral, para calquera que desexe gozar dun delicioso prato italiano. E unha receita consistente, perfecta para enfrontarse ás baixas temperaturas.
Para conseguir o seu característico sabor, componse dunha saborosa salsa elaborada con dados de tofu, tomate, cenoria, cebola, allo e ourego.
Sigue o vídeo da receita de Hélices sen glute con boloñesa vexetal de Mercadona:
Ingredientes para 4 persoas:
- 400 g de pasta sen glute
- 1 bote de tomate frito receita artesanal
- 1 paquete de tofu
- 1 cebola seca
- 1 cenoria fresca
- 2 dentes de allo
- 5 g de ourego
- 50 g de queixo en po especial para pasta
- Aceite de oliva virxe extra
- Sal
- Pementa negra
Paso a paso:
1. Pelar a cebola, a cenoria e os allos e cortalo todo en cadrados pequenos.
2. Cortar o tofu en cadros pequenos.
3. Quentar un pouco aceite nunha cazola e rustrir as verduras uns 15 minutos a lume medio.
4. Refogar o tofu coas verduras uns 5 minutos.
5. Engadir o tomate e o ourego, cociñar todo xunto uns 10 minutos.
6. Poñer unha pota con auga a ferver e cocer a pasta o tempo que indique o fabricante.
7. Engadir o sal á metade da cocción e non escorrer con auga fría; sacar da pota cunha paleta ou cunhas pinzas ou colar nun escorredoiro ou coador e mesturar a pasta coa salsa.
8. Engadir un pouco aceite cru, salpementar con muíño de pementa e esparexer queixo segundo nos guste.
Elaboración da pasta sen glute de Mercadona
As hélices vexetais sen glute de Mercadona están elaboradas en Gravina in Puglia (Italia), seleccionando coidadosamente materias primas que están completamente libres de glute, o que permite que poidan ser consumidas tamén por persoas celíacas.
Este proceso realízase nun establecemento que está exclusivamente preparado e dedicado para os produtos sen glute. Grazas a iso pode contar coa certificación ELS (Sistema de Licenza Europeo), que está regulado pola AOECS (Asociación de Sociedades Europeas de Celíacos).
Outras recomendacións
Outra boa receita de pasta sen glute, ideal para pasar os meses máis fríos, é a de Spaghetti sen Glute con salsa mariñeira. E se buscas máis ideas para cociñar que che axuden no teu día a día, ofrecémosche esta selección de receitas.
Apetece un bo aperitivo libre de glute? Os Picos sen glute, perfectos para dipear ou acompañar as túas tapas máis crocantes, poden ser consumidos por toda a familia, xa que tampouco conteñen lactosa.
Próbaos co saboroso Hummus de lentellas de Mercadona, que tampouco contén glute e que, ademais, está delicioso se inclúes cenoria e apio cortados en bastonciños.