Descubre a nosa exquisita Hamburguesa natural de vacún conxelada. Sabor auténtico!

Hamburguesa de vacún natural, sabor auténtico!

08 de xuño de 2020

Se che gusta o sabor auténtico a carne, gozarás coa nosa Hamburguesa de vacún natural conxelada. No prato ou con pan, é unha deliciosa opción para comidas e ceas coa que podes ter a seguridade de que ti e os teus vos alimentades cun produto de absoluta calidade, zumarento e cun sabor máis intenso a vacún.

Unha Hamburguesa de vacún deliciosa

As principais características desta hamburguesa son:

  • Trátase dunha hamburguesa natural, que só contén carne de vacún e sal (99% carne + 1% sal).
  • Por este motivo mantén todos os atributos de textura, zume e sabor da mellor carne de vacún, que poderás identificar a cada bocado.
  • Destaca polo seu sabor intenso a vacún.

Formas de presentación

Esta deliciosa hamburguesa preséntase en dous formatos:

  • Bipaquete de 120 gramos cada hamburguesa.
  • Hamburguesa individual de 180 gramos.

Podes encontrar este produto no conxelador da nosa sección de Carnicería.

Modos de consumo

Prefires a hamburguesa no prato ou montada en pan? Das dúas maneiras está moi rica, dámosche algunhas ideas básicas para o seu consumo:

Texto 1 Imagen Hamburguesa de vacuno natural

No prato: sobre una cama de leituga, colocamos o tomate e a cebola vermella. A continuación, colocamos a hamburguesa cun topping de aguacate batido. Non esquezas algunha gornición como acompañamento: ensalada, patacas, salsa de mostaza..., poden ser boas opcións para cambiar de sabor e complementar á perfección esta exquisita porción de carne de vacún.

Texto 2 Imagen Hamburguesa de vacuno natural

Montada en pan con outros ingredientes: se che gusta máis así, hai unha gran variedade de alimentos cos que podes construír e degustar unha hamburguesa ao máis puro estilo gourmet na túa propia casa.

Proba os clásicos compañeiros da hamburguesa. Poñemos no pan unha base de brotes tenros. A continuación, a hamburguesa co queixo fundido, un ovo frito, touciño entrefebrado, rodas de cogombros e cebola frita. Non pode faltar algunha salsa do teu gusto, como kétchup, mostaza, maionesa, salsa barbacoa, etc. Ti decides a que máis che guste.

Consellos de preparación

Para a hamburguesa de 180 gramos:

  • Na tixola ou na grella

Sen desconxelación previa:

1. Cociña 1 minuto por cada lado a lume alto.

2. Baixa a lume lento e cociña 14 minutos máis, xíraas cada 2 minutos.

Con desconxelación previa (manter en refrixeración a 4º entre 6 e 8 horas):

1. Cociña 3 minutos por cada lado a lume medio.

2. Baixa a lume lento e cociña 6 minutos máis, xíraas cada 2 minutos.

Para a hamburguesa de 120 gramos:

  • Na tixola ou na grella

Sen desconxelación previa:

1. Cociña 1 minuto por cada lado a lume alto.

2. Baixa a lume lento e cociña 10 minutos máis, xíraas cada 2 minutos.

Con desconxelación previa (manter en refrixeración a 4º entre 6 e 8 horas):

1. Cociña 3 minutos por cada lado a lume medio.

2. Mantén a lume medio e cociña 1 minuto máis por cada lado.

Outras recomendacións

Se es amante da carne, anímate con estas tres receitas: lombo, tenreira e pavo.