Saborea a Granola Hacendado e combínaa con leite, iogur ou queixo fresco batido. Vaite engaiolar!

Granola con baixo contido en azucre

22 de febreiro de 2018

A Granola Hacendado é unha boa alternativa para comezares o día ou colleres folgos ao longo da xornada. Trátase dun cereal enfornado cunha textura crocante.

A Granola con baixo contido en azucre é o complemento ideal para os teus almorzos, xantares, merendas ou ceas. Contén flocos integrais de avea, froitos secos (anacos de améndoa, abelá, anacardio e noz pacana), e sementes (de xirasol e cabaza), unha combinación deliciosa.

Mestúraa con leite, iogur ou queixo fresco batido e axiña se abrirá paso entre os teus alimentos favoritos grazas ao seu intenso sabor e á súa textura crocante.

Lembra conservares a Granola Hacendado nun lugar seco e protexido da calor.

Outras recomendacións

Completa os teus almorzos e xantares coas nosas Tostas de Novos Hábitos, unha selección moi variada e apetecible para que elixas a que máis che guste.

Ademais, para calquera momento do día temos as +Proteínas Hacendado, unha gama de sobremesas de exquisito sabor que podes gozar en calquera lugar.