Bombones Mercadona

Goza dun doce Nadal cos Bombóns de Mercadona

20 de decembro de 2016

Xa está a caer o Nadal. Como todos os anos, Mercadona pon á túa disposición deliciosos bombóns, ideais para compartires en familia, cos amigos, para agasallares…
Para satisfaceres os gustos de toda a familia e convidados, este ano poderás elexir entre unha coidada selección de bombóns: desde a variedade de Bombóns Senzza, até o novo Senzza Corazón Cremosso pasando polas Delicias de Abelá, as Trufas de Cacao Hacendado e os Novos Bombóns Mondose. Deliciosos sabores para adozar do mellor xeito esas reunións do Nadal tan especiais.

Variedade de Bombóns Senzza

Aínda non os coñeces? Pois prepárate para unha experiencia de sabor inesquecible.
Cada bolsa de Bombóns Senzza de Mercadona contén catro sabores diferentes, para ofreceres aos teus convidados o pracer máis selecto do chocolate: Abelá, Fondant, Praliné e Améndoa. Variedade para escolleres e gozares:

  • Cremosa Abelá: bombón de chocolate puro cun exquisito recheo de pasta de abelá co mellor sabor trufado do leite.
  • Fondant Noir: bombón de saboroso chocolate negro fondant cun cremoso recheo de deliciosa trufa.
  • Doce Praliné: bombón suave de chocolate con leite, recheo dun delicioso praliné de améndoa e abelá co auténtico trufado do leite.
  • Améndoa Selecta: bombón de fino chocolate con leite recheo dun delicado trufado de leite e deliciosa pasta de améndoa torrada.

Catro sabores en perfecta combinación para gozares cos teus nestas festas do Nadal. Ademais, non teñen glute, de xeito que son aptos para persoas celíacas.
Cada bombón leva o seu propio envoltorio, polo que resulta moito máis cómodo o seu consumo e transporte, e permite a súa utilización como elemento de enfeite, na mesa ou para encher a bomboneira.

Senzza Corazón Cremosso

O Senzza Corazón Cremosso é un novo bombón cunha textura cremosa moi especial que te sorprenderá, presentado nun estoxo de 200 gramos.
Deseñado exclusivamente para chegar ao corazón dos máis galdrumeiros. Ademais, é sen glute! Poderaste resistir? Próbao!

Delicias de Abelá

Se che gusta o sabor da abelá, encontraches o teu doce favorito, abofé que si.
As nosas Delicias de Abelá están compostas de crocante barquillo cuberto de chocolate con leite e anacos de abelá, recheas de crema de leite, abelás e cacao cunha abelá enteira no seu interior. Difícil superar esta explosión de sabor.

Bombóns Mondose

Magnífica selección de bombóns de Chocolate Belga, ideais para gozar xunto cos teus seres queridos, das diferentes texturas e sabores desta completa Variedade de 16 Bombóns Belgas Mondose.
Cada Caixa contén 8 variedades con diferentes recheos: Ganache de cacao intenso, Caramelo, Praliné de abelás con Crocante abelá dentro, Ganache de Chocolate con Leite, Branco mousse de vainilla, Negro praliné de abelás, Crema ganache de Chocolate Negro, Crema de ganache con framboesa. Delicioso, non si?
Un produto que tamén destaca pola súa presentación, xa que vén presentado nunha elegante caixa ideal para agasallar e compartir.

Trufas de Cacao Hacendado

Disque na variedade está o gusto. Así que se preferires as trufas de cacao, non o dubides, Mercadona poncho doado.
Encantaranche as nosas Trufas de Cacao Hacendado, outra doce tentación para gozar en boa compaña durante a época do Nadal. Ademais, estas deliciosas trufas son sen glute, polo que as persoas celíacas poderán gozar de todo o seu sabor.

Estas festas do Nadal convirte aínda en máis especiais as reunións cos familiares e amigos, e sirve na túa bandexa os deliciosos bombóns de Mercadona. Saborea e goza!

Outras recomendacións

Festexa o Nadal cos turróns Hacendado. Este ano tes á túa disposición 6 deliciosos turróns: duro, brando, chocolate crocante… Ademais, non conteñen glute.
Se preferires, podes obsequiar os teus convidados coas nosas Variedades de galletas e pastas para o Nadal, unha irresistible selección.
Nas nosas bandexas do Nadal tampouco poden faltar os Froitos Secos e Froitas Desecadas Hacendado.