Descubre o noso Café americano moído de torradura natural e como preparalo.

Goza do momento cun Café americano

15 de xaneiro de 2021

Probáchelo? Prepara un Café americano moído de torradura natural, goza do momento e reláxate degustando o seu rico sabor. Porque tomar un café tamén pode ser unha experiencia relaxante.

Contan que este café se popularizou durante a Segunda Guerra Mundial: os soldados estadounidenses que participaron na invasión de Italia encontraban o café que servían alí demasiado forte, polo que decidiron engadir auga quente ao expreso, co fin de achegarse ao sabor do café de filtro americano.

Características do Café americano

  • É un café de sabor suave.
  • Ideal para consumir á media mañá ou á tarde-noite.
  • Úsase para gozar do pracer dunha bebida quente que se toma tranquilamente para relaxarse.
  • Está pensado para gozar do momento e do ritual da súa preparación. É comparable a tomar unha agradable infusión polo simple pracer de gozala.

Sabes como preparalo?

A súa preparación é moi sinxela, basta con abrir as patillas e a bolsiña do filtro. Montámola enriba da cunca e engadimos auga quente.

Só che levará tres minutos.

Sigue o noso paso a paso para o ritual de preparación dunha cunca de Café americano:

1. Abre o sobre individual e extrae a dose resgando pola liña marcada.

Texto 1 Imagen Café Americano

2. Abre a monodose e estira as asas distribuíndo o café moído por toda a superficie do filtro.

Texto 2 Imagen Café Americano

3. Ancora cada asa da monodose ao bordo da cunca/vaso (co filtro por dentro).

Texto 3 Imagen Café Americano

4. Engade unha pouquiña auga moi quente mollando o café moído. Deixa uns segundos ata que empece a gotear.

Texto 4 Imagen Café Americano

Texto 5 Imagen Café Americano

5. Volve engadir a auga restante en espiral mollando todo o café moído dende o exterior ao centro do filtro, ata que cubra todo o filtro (recomendamos 140 ml de auga por dose).

Texto 6 Imagen Café Americano

6. Retira a dose e goza do teu café.

Texto 7 Imagen Café Americano

Texto 8 Imagen Café Americano

Consello de consumo

Recomendamos tomalo só ou cun pouquiño leite ou algunha bebida vexetal (recalcamos que debe ser pouca cantidade, non un café con leite).

Outras recomendacións

Se prefires o té, proba o noso Té Matcha Hacendado. Tamén podes rebaixar o seu sabor cun pouco leite ou bebidas vexetais.