Coñece as que serán as túas mellores aliadas para os almorzos e mais as merendas, as galletas recheas de tiramisú ou as de gofre con caramelo: deliciosas, doces e perfectas para acompañares o café ou o té.
Galletas para tomares en calquera momento
As galletas son un dos complementos favoritos por moitos motivos. O seu aspecto, a súa consistencia, o seu sabor e mais a súa sensación de comer algo tradicional acompáñanas. Alén diso, coas galletas recheas de tiramisú ou de gofre con caramelo de Mercadona conseguirás texturas e sabores únicos.
Galletas recheas de tiramisú
Estas deliciosas galletas recheas de tiramisú están compostas dunha saborosa capa de galleta caramelizada, así como doutra de chocolate con leite. Ademais, están recheas dunha irresistible crema de tiramisú. Son fantásticas para consumires durante todo o día, aínda que o seu mellor momento é a sobremesa, xunto coa familia ou cos amigos.
Encontraralas nunha bolsa con 12 galletas envasadas de forma individual para garantir a súa conservación e para facilitar que as poidas levar canda ti.
Galletas con forma de gofre con caramelo
Unha grande escolla para a túa sobremesa e para tomares un descanso a calquera hora do día son as galletas con forma de gofre. O seu recheo de caramelo, o seu orixinal deseño e o seu sabor vólvenas ideais para deleitar os teus convidados en todo tipo de reunións.
Un xeito orixinal e delicioso de as consumir é colocalas primeiro enriba dunha taza de café ou de infusión. Desa maneira, o vapor vainas ir abrandando e estarán máis esponxosas cando as degustes.
Outras recomendacións
Acompaña as túas galletas favoritas coas Infusións Hacendado, e se quixeres máis ideas para lles ofrecer aos teus convidados, non esquezas os Barquillos Choco Rolls de Mercadona.