Gústanche os flocos de millo doces? Tes que probar os Flocos de Millo Caramelo Hacendado, crocantes e irresistibles. Vanche encantar!
Flocos de Millo recubertos de caramelo
Presentámosche os novos flocos de millo recubertos de caramelo. Un doce antollo ideal para compartires coa túa familia ou amigos mentres ves as túas películas ou series favoritas, ou durante un momento de lecer.
Os Flocos de Millo Caramelo Hacendado tamén son perfectos para amenizar calquera festa infantil ou calquera reunión adulta.
A súa textura crocante e o seu intenso sabor deixarán abriadas as crianzas e mais os maiores. Alén diso, presentaranse nun tamaño moi práctico (bolsa de 120 gramos) para as poderes levar canda ti en calquera momento e tomalas en calquera lugar.
Goza dun doce momento ao abrir unha bolsa de Flocos de Millo Caramelo Hacendado, un saboroso petisco que fará as delicias dos máis lambóns. En calquera momento e lugar, chega con abrires e saboreares!
Estes novos Flocos de Millo Caramelo Hacendado son un produto do noso intefornecedor Importaco Casa Pons S.A.U, fabricado en Beniparrell (Valencia). Unha nova evidencia do compromiso e a política de apoio de Mercadona aos produtos de empresas españolas.
Xa sabes, se tes un momento de lecer, vas facer unha festa ou vas ver unha peli, concédete ese antollo que mereces: goza deste doce petisco e comparte os teus Flocos de Millo Caramelo Hacendado coas persoas que máis queres. Non te has arrepentir!
Outras recomendacións
Se che gustan os snacks, proba os nosos Snacks de Froita Deshidratada , elaborados con froita natural sen azucres engadidos. Dispoñibles en manga ou mazá crocante.
E se procuras un refresco para combinares cos teus flocos de millo, proba os Refrescos Gold Spring Sen Gas Cero .