Os Fideos Orientais de Polo Yum Yum de Mercadona, son unha saborosa receita oriental, que podes preparar en tan só 3 minutos.
É un prato rápido de preparar e cómodo, para podelo tomar ao momento ou levalo a calquera lugar.
O seu cómodo e práctico envase permitirache tomar estes fideos orientais axiña, sen perderes o tempo nin lixares a cociña. É ideal para o traballo, ou cando teñas que comer axiña e seguires coa túa marcha cotiá. Os Fideos Orientais Yum Yum de Mercadona son unha solución cómoda e saborosa para calquera momento do día.
Como preparar o Yum Yum de Mercadona?
Para gozar deste delicioso prato, non precisas empregar microondas nin forno. Só precisas verter auga a ferver até a liña, engadir os prebes e deixar repousar durante 3 minutos.
Outras recomendacións
Outra solución que engaiolará o teu padal é o novo Polo Asado en Anacos de Mercadona que, ademais, leva o seu propio caldo para conservarse suculento e con ese sabor da casa tan inconfundible.