Velaí veñen as festas do Nadal e este ano en Mercadona tes ao teu dispor seis deliciosos turróns, que non deberían faltar na túa mesa durante os típicos festexos destes días tan sinalados.
Os seis turróns que Mercadona pon á venda son variados abondo como para satisfacer os gustos de todos os teus convidados e, ademais, non teñen glute, de xeito que son aptos para persoas celíacas.
Turrón Duro Hacendado
Un dos máis clásicos do Nadal é o Turrón Duro Hacendado, que en Mercadona se presenta nunha cómoda embalaxe, en que tes 2 barras envoltas de xeito individual.
Está elaborado cun 60% de améndoas torradas e un 18% de mel.
Turrón Brando Hacendado
Outro clásico do Nadal é o Turrón Brando Hacendado, que está elaborado co 66% de améndoas torradas e un 12% de mel.
Este saboroso turrón, que se presenta nunha embalaxe cunha barra, diferénciase do anterior pola súa característica textura suave e a presenza no seu interior de anacos de améndoa, que lle dan un toque crocante a cada bocado.
Turrón Chocolate Crocante Hacendado
De quereres ademais un toque extra crocante, o Turrón Chocolate Crocante Hacendado é un dos preferidos no Nadal.
Está elaborado con delicioso chocolate con leite, un 17% de améndoa e abelá e un 14% de cereais crocantes. Un turrón pensado para os máis chocolateiros.
Turrón Duro Cacahuete Hacendado
Tamén encontrarás Turrón Duro Cacahuete Hacendado en Mercadona presentado en embalaxes que conteñen 2 barras envasadas individualmente para maior comodidade.
Este turrón está elaborado cun 60% de cacahuetes torrados e azucre. Unha opción diferente para comeres turrón duro este Nadal, coa que notarás o sabor característico do cacahuete torrado en cada bocado.
Turrón Brando Cacahuete Hacendado
Tamén tes a opción de gozar do sabor do cacahuete nesta versión do Turrón Brando Cacahuete Hacendado. Preséntase nunha embalaxe que contén unha barra de delicioso turrón cun 60 % de cacahuete torrado e azucre.
Ademais, no seu interior ten tamén pequenos anacos de cacahuete, de aí o seu toque extra crocante.
Turrón de Chocolate con Cacahuete Fritido con Mel Hacendado
O orixinal Turrón de Chocolate con Cacahuete Fritido con Mel Hacendado ofréceche un toque diferente, que non encontrarás en ningún dos anteriores.
Trátase dun cremoso e doce turrón elaborado mediante a combinación perfecta de cacahuetes fritidos cunha cobertura de mel e delicioso chocolate envolvendo toda a barra.
Outras recomendacións
Este Nadal encontrarás en Mercadona toda a variedade que precisas de turróns e mazapáns, cos que sorprender os teus convidados nestas datas tan sinaladas, quer sexa de Praliné de Mousse de Chocolate, Guirlache, 3 Chocolates, Figuriñas de Mazapán, etc.