Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

El regalo perfecto de San Valentín en Mercadona

Feliz San Valentín! O agasallo perfecto para el e para ela

08 de febreiro de 2017

O 14 de febreiro é o día de San Valentín e en Mercadona querémolo festexar docemente. Sorprende a túa parella coas nosas deliciosas tortas Ti e mais eu Xema, ou Ti e mais eu Sacher, coas nosas riquísimas Delicias de Abelá ou a nosa selección de Bombóns Mondose.

Ti e mais eu Xema

Ti e mais eu Xema preséntase este San Valentín 2017 cun formato máis pequeno, manexable e asequible, ideal para as parellas actuais.

O doce Ti e mais eu Xema está elaborado con nata e xema, en forma de dous corazóns entrelazados. Preséntase como unha unidade de 270 gramos, equivalente a catro racións.

O seu interior componse de dúas capas de biscoito branco con sabor a vainilla, e entre ambas, unha capa de nata. No medio, o doce está recheo dunha deliciosa crema de caramelo (tofe). Enféitase cun corazón de chocolate vermello, e cunha reladura de chocolate negro e azucre crocante de cor vermella.

Ti e mais eu Sacher

Doce de chocolate de 280 gramos (para catro racións), coa forma de dous corazóns entrelazados. A torta está elaborada con dúas capas de biscoito tipo Sacher, entre as que se dispoñen capas de trufa e recheo de marmelada de framboesa que achega frescura ao sabor. Finalmente está cuberto por un baño de chocolate negro; enféitase cun corazón de chocolate vermello e cunha reladura de chocolate branco e boliñas vermellas de cereal crocante.

Delicias de Abelá

As nosas Delicias de Abelá vante abraiar xa que están elaboradas por un crocante barquillo cuberto de chocolate con leite e anacos de abelá, recheas de crema de leite, abelás e cacao, cunha abelá enteira no seu interior.

Bombóns Mondose

Goza en parella da nosa Variedade de 16 Bombóns Belgas Mondose.

Déixate abraiar polos sabores da súa crema ganache (chocolate e mais crema de leite ou nata), o seu praliné (froito seco confeitado) ou a súa mousse (escuma).

Grazas á súa elegante presentación é perfecto para agasallar e compartir.

Contén 8 variedades con diferentes sabores:

  • Ganache de cacao intenso
  • Caramelo
  • Praliné de abelás con crocante de abelá no seu interior
  • Ganache de chocolate con leite
  • Branco mousse de vainilla
  • Negro praliné de abelás
  • Crema ganache de chocolate negro
  • Crema de ganache con framboesa

Adoza o teu San Valentín cos Bombóns de Mercadona.