Xa están aquí as nosas novidades en xeados para este verán

Goza dun verán cheo de sabor coa nosa refrescante selección de Xeados

15 de xuño de 2023

Cales son os teus Xeados preferidos? Este verán refréscate e deléitate coa rica variedade e o exquisito sabor dos nosos xeados. Terrinas de diferentes sabores, tamaños mini, polos de xeo… para que non falte a frescura nestes meses calorosos.

Apetecen, verdade? Tanto que se fai difícil elixir: deliciosas combinacións de texturas, opcións de chocolate, abelás, sabores de froita, sen glute… Hai para todos os gustos!

Descubre a maxia que só un bo xeado pode brindarche. Cal é o teu?

Elixe o teu xeado favorito!

Mini Biscuit

Mini Biscuit Hacendado

Tentador Mini Bombón con xeado de crema de galleta especiada con salsa interior e cobertura crocante con anacos de galleta acaramelada. O rei da galleta!

Mini Choco Cream

Mini Choco Cream

Xeado en forma de sándwich que mestura crema de chocolate e abelás cunha irresistible salsa interior e unha cobertura suave de crema de cacao e galleta tipo María Dorada. O tamaño ideal para ter un capricho en calquera momento do día.

Nutti Cream

Nutti Cream Hacendado

Proba o seu inigualable sabor a abelá con recheo de crema de cacao e abelás ben distribuído polo xeado. Unha combinación clásica e infalible para os máis larpeiros.

Xeado Chocolate

Helado Chocolate Hacendado

O favorito dos amantes do chocolate que buscan unha opción libre de leite. Xeado de chocolate 100 % vexetal, feito con bebida de arroz, sen glute nin lactosa, cun intenso sabor e completado con xenerosos anacos de chocolate.

Polo de manga

Polo de mango Hacendado

Sen dúbida, no podio das opcións máis refrescantes: un clásico e delicioso polo de xeo cun 10 % de exótico puré de manga.

Outras recomendacións

Coñeces todas as bebidas refrescantes que che ofrecemos para a túa hidratación no verán?

Coida os teus almorzos estivais con estas 3 suxestións equilibradas.

Se non perdes un bo chocolate tes que probar a selección Fussion, 3 tipos de tabletas e 6 variedades.