As Cremas Hacendado que encontrarás en Mercadona son pratos de culler para tomares quentes. Estamos no inverno e presta combatermos o frío con este tipo de comidas.
Ao mesmo tempo trátase de pratos moi doados de consumir, ao non precisaren de moita máis preparación que abrir, quentar e saborear. Non fai falta cociñar e pódese improvisar un xantar ou unha cea en calquera momento en que teñamos présa.
Variedade de Cremas Hacendado
Dispoñemos dunha ampla variedade de Cremas Hacendado que che permitirán escoller o teu sabor favorito e mais ir variando os teus menús. Dispoñemos de cremas de cabaza, cabaciña, vexetais, polo ou vichyssoise.
Como preparar as Cremas Hacendado
Se xa temos escollida a nosa Crema Hacendado favorita, temos dou xeitos de preparación. Son moi doados, como veremos decontado:
- Na ola: axitar, abrir e verter a crema na ola. Quentar a lume medio, remexendo de cando en vez sen deixarmos que chegue a ferver.
- No microondas: axitar, abrir e verter a crema nun recipiente axeitado para a súa preparación no microondas. Quentar á máxima potencia durante uns tres minutos e remexer antes de consumir.
Modo de conservación
Chega con conservarmos o produto nun lugar fresco e seco. Unha vez aberto, manter no frigorífico e consumilo antes de dous días.
As Cremas Hacendado de Mercadona preséntanse en Pack de 2 briks de 500cc., con 2 racións por brik.
Queres comer pratos quentes no inverno? Proba as nosas Cremas Hacendado de Mercadona. Vaite abraiar o boas que están!
Outras recomendacións
Proba as Patacas Forno de Mercadona, crocantes e doadas de preparar, xa listas para enfornares.