Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Roscones de Reyes en Mercadona

Escolle entre 5 tipos distintos de Roscón de Reis de Mercadona para este Nadal

30 de decembro de 2016

O Día de Reis é un acontecemento especial tanto para os cativos... como para os que non son tan cativos. Cada Nadal, continuamos coa tradición de sentarmos á mesa xunto aos nosos familiares e amigos, e gozarmos desta clásica sobremesa coa que compartirmos un momento inesquecible, divertido e, sobre todo... delicioso!!!

Por fin se achega o agardado Día de Reis… e con el, tamén chega o Roscón de Reis de Mercadona. Poderás encontralo en 5 saborosas variedades, con ou sen recheo, para que poidas elexir o que máis che guste.

Roscón de Reis, unha tradición inesquecible

Coñeces a tradición do Roscón de Reis? Trátase dun costume que se remonta moitos séculos atrás, pero que aínda hoxe en día mantén esa mestura de intriga e diversión que tanto nos gusta, sobre a quen lle tocará o Rei ou a Faba que leva agochados no interior.

O Roscón de Reis córtase en anacos, para que todos os comensais o poidan gozar e, ademais, participen nesa intriga de saber que nos aparecerá no interior, se o Rei ou a Faba. Ao que lle saia o Rei, parabéns! Será coroado coa coroa que vén incluída no interior da caixa ao adquirir o Roscón de Reis de Mercadona. E ao que lle saia a Faba… terá que comprar o roscón do ano que vén para que a tradición continúe!

5 tipos distintos de Roscóns de Reis para escoller o que máis che guste:

Para que este día tan especial poida ser festexado por todos, podemos escoller entre calquera dos nosos 5 deliciosos tipos de Roscón de Reis de Mercadona:

  • Roscón de Nata:

Para os apaixonados da nata, este é o clásico Roscón de Reis con abundante recheo de deliciosa e saborosa nata.

  • Roscón de Nata e Trufa:

Para os que piden algo máis, temos a combinación perfecta, Roscón de Reis recheo metade de nata e metade de trufa… que máis lle podemos pedir?

  • Roscón de Crema:

Roscón de Reis con deliciosa crema pasteleira no seu interior, o acompañamento perfecto para un roscón.

  • Roscón de Cabelo de Anxo:

Para os que queren gozar dun sabor diferente, poden escoller o Roscón de Reis recheo de Cabelo de Anxo. Para lamber os dedos!

  • Roscón Normal sen recheo:

O Roscón de Reis Normal sen recheo podes gozalo tal cal ou ben enchelo co que ti prefiras… o sabor deste roscón elíxelo ti.

Independentemente do tipo de roscón que escollas, todos os Roscóns de Reis de Mercadona están cubertos de deliciosa froita confitada. Ademais, están borrifados con azucre en gran humedecido e enfeitados con finas láminas de améndoa.

O Roscón de Reis de Mercadona é unha idea xenial para agasallares ou compartires con familiares e amigos este día tan especial. Que che tocará este ano? O Rei ou a Faba?

Outras recomendacións

Outra opción para ter uns Reis moi, moi doces son os polvoróns e manteigados de Mercadona, ademais do tronco de chocolate. Devecerás por eles!

Non deixes de probar tampouco os bombóns de Mercadona: Delicias de Abelá, Trufas, Bombóns Senzza, Bombón Cremosso Senzza ou Bombón Mondose.