Elabora os compangos de Mercadona e dá no albo sempre. O delicioso queixo de cabra e a cebola crocante son os protagonistas xunto co prebe de mel e mostaza

Dous compangos sinxelos e saborosos

20 de abril de 2018

Unha das tradicións culinarias máis populares en España son os compangos. O seu bocado perfecto e a súa infinidade de elaboracións, vólvenos moi apetecibles en calquera momento. O seu consumo orixinouse nos séculos XV e XVI cando o pan era o ingrediente básico para a poboación ao que lle engadían, segundo a época do ano, outros ingredientes dispostos un enriba do outro (‘aquilo que é comido con pan’), de aí o seu nome.

Compangos con ingredientes básicos

Hai moitas formas de variar a receita dos compangos, dependendo da rexión, dos alimentos de tempada e, sobre todo, da imaxinación que lle botes á hora de os elaborar.

En Mercadona preparamos dous compangos sinxelos con ingredientes doados de encontrar durante todo o ano nos nosos supermercados. Trátase do compango de sobrasada con queixo brie e mais eiruga, e o compango con queixo de cabra en rolo, cebola fritida crocante e prebe de mel e mostaza.

Mira este vídeo e descubrirás o sinxelo e rápido que é elaborar estes dous compangos de queixo que che propón Mercadona.

Ou sigue o noso paso a paso para preparares estes deliciosos compangos:

Compango de sobrasada con queixo brie e eiruga

Para catro persoas

Ingredientes:

  • 1 terrina de sobrasada
  • 1 taco de queixo brie
  • 1 paquete de eiruga
  • 1 barra de pan cortada

1. Unta o pan con sobrasada.

Montaditos de queso sobrasada Paso 1

2. Engade unhas rodelas de queixo brie

Montaditos de queso sobrasada Paso 2

3. Gratínao no forno até que colla unha cor dourada.

Montaditos de queso sobrasada Paso 3

4. Retira do forno e engade a eiruga.

Montaditos de queso sobrasada Paso 4

Compango de queixo de cabra con cebola crocante e prebe de mel e mais mostaza

Para catro persoas

Ingredientes:

  • 1 rolo de queixo de cabra
  • 1 bote de cebola fritida crocante
  • 1 envase de prebe de mel e mostaza
  • 1 barra de pan cortada

1. Pon o queixo de cabra sobre unha rebanda de pan.

 montaditos de queso miel mostaza Paso 1

2. Gratina no forno.

Montaditos de queso miel mostaza Paso 2

3. Engade o prebe de mel e mostaza

Montaditos de queso miel mostaza Paso 3

4. Esparexe a cebola fritida crocante.

Montaditos de queso miel mostaza Paso 4

Outras recomendacións

Tes unha cea na casa e queres completar o menú? Marida os compangos coa nova cervexa Roja de Mercadona ou descubre o falafel con tahina, unha opción orixinal para un menú máis exótico.