Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Vive o San Valentín máis doce con Mercadona

Doce San Valentín!

09 de febreiro de 2018

Festexa o teu San Valentín máis doce coas tortas e bombóns que encontrarás en Mercadona. Para lle demostrar o teu amor.

Torta Corazón Sacher

Pastel de chocolate en forma de corazón, perfecto para catro racións.

Recheo de cremosa trufa e marmelada de framboesa sobre unha base de biscoito tipo Sacher. A mestura da framboesa e a mousse achégalle frescura e suculencia.

A torta está bañada por unha cobertura de chocolate negro e enfeitada con perlas de chocolate vermello metalizado: un toque elegante que lle engade textura crocante.

Torta Corazón Xema

Pastel de xema e nata en forma de corazón, perfecto para catro racións. Recheo cunha capa de caramelo e cremosa nata, sobre un suculento biscoito. O caramelo achégalle un toque deliciosamente suave e doce.

A torta está bañada por unha cobertura brillante de xema e enfeitada con corazóns brancos de azucre en diferentes tamaños, ofrecendo unha textura crocante e mais un aspecto moi atractivo.

Bombóns Recheos de Trufa

Deliciosos corazóns de auténtico chocolate belga, recheos de exquisita trufa crocante.

Preséntanse nun elegante estoxo de 6 unidades. De edición limitada.

Bombóns Cadbury Milk Tray

Variedade de bombóns de chocolate recheos con dez sabores diferentes:

  • Hazelnut swirl. Chocolate con leite recheo cunha abelá enteira torrada.
  • Surprise parcel. Chocolate con leite, recheo de cremoso chocolate branco.
  • Apple crunch. Chocolate con leite, recheo de cremoso con chocolate branco de sabor a mazá e con crocantes de azucre con sabor a canela.
  • Orange truffle. Chocolate con leite, recheo de crema con sabor a laranxa.
  • Salted caramel charm. Chocolate con leite, recheo de caramelo e con remate de chocolate branco.
  • Truffle heart. Chocolate con leite, recheo de cremoso cacao.
  • Fudge duet. Chocolate con leite, recheo de caramelo brando de sabor vainilla e con remate de chocolate branco.
  • Caramel softy. Chocolate con leite, recheo de cremoso caramelo.
  • Perfect praliné. Chocolate con leite, recheo de praliné de abelá e con anacos de abelá torrada.
  • Strawbery temptation. Chocolate con leite, recheo de crema con sabor a amorodo.

Delicias de Abelá

Delicioso chocolate que envolve un crocante barquillo e atinxe o sorprendente recheo do seu interior, formado con crema e mais abelás. Auténtico pracer para os sentidos.

Veñen presentadas nun estoxo moi elegante e nunha práctica bandexa, que podes deixar na mesa para os teus convidados desfrutaren delas.

Outras Recomendacións

Se es intolerante ao glute non renuncies ao doce e goza da Torta sen glute de améndoa con caramelo e cacahuetes. Soa ben, verdade?

Se es un apaixonado do chocolate negro, recomendámosche as deliciosas barriñas de Tokke Negro con Quinoa, unha espectacular combinación de sabores!