O Nadal é tradición, lembranzas da infancia e sabores doces de toda a vida.
En Mercadona poderás encontrar o clásico Tronco de Nadal, elaborado cun esponxoso biscoito de vainilla enrolado, recheo de trufa e bañado con chocolate negro. Preséntase enfeitado con chapas de chocolate –unha "árbore de Nadal" en chocolate branco e decoración de cores, unha chapa de chocolate negro coa serigrafía de "Felices Fiestas" e unha estrela de Nadal en chocolate branco con cor vermella viva– e confeti de pasta de azucre branca.
Como pormenor final, mini abetos de tres cores: verdes, vermellos e brancos.
Decorativo e delicioso!
Os sabores de sempre son os protagonistas de decembro: os apaixonados dos manteigados e mais dos polvoróns encontrarán en Mercadona unha gran variedade de tipos e sabores.
Podes compralos individualmente e combinalos como quixeres. Hai unha gran selección, tamén para todos aqueles intolerantes ao glute ou que procuren variedade sen azucre.
Goza dun doce Nadal!
Outras Recomendacións
Completa a túa selección de doces do Nadal cos Turróns e a Variedade de Galletas e Pastas de Mercadona.