Aprende a preparar as receitas máis apetitosas para este Nadal: carne, peixe e marisco, aperitivos...

Descarga as nosas suxestións de receitas para este Nadal

04 de decembro de 2020

Que tes pensado cociñar este Nadal? Se vas celebrar na casa estas datas tan especiais, ofrecémosche unhas cantas suxestións para que gocedes dun menú apetitoso e orixinal.

Coma todos os anos, contas con Mercadona para esta delicada tarefa que require reflexión e planificación.

Aprende a cociñalas. Son receitas de preparación sinxela, pero de resultado realmente espectacular. Descarga o noso folleto de receitas de Nadal ou encóntrao nas nosas tendas!

Folleto Receta Navidad 2020

Aperitivos para este Nadal

E que sería das nosas comidas e ceas sen unha boa provisión de aperitivos? Suxerímosche uns cantos entrantes moi orixinais e exquisitos.

  • Aguacate recheo de mozzarella e gulas
  • Espetos de camembert con crocante de millo e mazá
  • Festival de bóliñas, roliños de xamón cocido e bocadiños
  • Queixo de cabra ao forno con mel, romeu e chutney verde
  • Tostas de queixo brie con xamón e de foie gras con pera

Se vas preparar calquera destes aperitivos, todos os ingredientes que necesitas telos á túa disposición nas nosas tendas.

Receitas de peixe para este Nadal

Se preferides o peixe, atención ás deliciosas receitas que preparamos para guiarvos na súa preparación.

  • Espetos de gambóns con salsa satay
  • Mexillóns en salsa
  • Salmón á mostaza
  • Lagostinos ao viño branco
  • Polbo asado con pemento e limón

O peixe e o marisco imprescindible para cociñar estas receitas podes encontralo na nosa sección de peixería.

Ademais, para que nada falle, bota unha ollada á guía de tempos de cocción para o marisco que encontrarás no noso folleto de receitas.

Receitas de carne para este Nadal

Se vos gusta a carne, preparamos unha suculenta selección de receitas con este ingrediente principal.

  • Solombo de porco con champiñóns ao romeu e redución de cava
  • Pa de cordeiro ao forno con salsa de trufas
  • Pava aos froitos secos con puré de castañas e chalotas glasadas
  • Leitón asado con tomates ás finas herbas
  • Solombo de tenreira ao foie con cebola crocante e viño doce

Visita a nosa carnicería. Todo o que necesitas para elaborar estas receitas, telo á túa disposición en Mercadona.

Ademais, non perdas as nosas suxestións de maridaxe de viños para os pratos que che propoñemos. Témolo todo pensado!

Sigue o paso a paso da súa elaboración, descarga as receitas de Mercadona para este Nadal!

Outras recomendacións

Se queres máis suxestións e explorar máis posibilidades, entra na nosa sección de receitas a ver se encontras a idea que vas buscando.