AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Este Nadal que non falten os Afumados, as Salgaduras e as Conservas de peixe para os teus invitados. Presentámosche unha boa selección.

Deliciosos aperitivos para estas Festas

23 de novembro de 2018

O Nadal está a caer. Por iso, Mercadona ten preparada unha deliciosa selección de aperitivos que non podes perder. Especialmente pensados para as festas do Nadal.

Porque no Nadal non se poden descoidar os entrantes, fundamentais en calquera reunión familiar ou de amigos, que preparan o estómago e deixan o ambiente listo para recibir os pratos principais.

Se organizas unha comida este Nadal, xa sabes que tes á túa disposición os Afumados, as Salgaduras e as Conservas de Peixe de Mercadona, máis deliciosos e fáciles de preparar para recibir os teus invitados como merecen.

No seguinte vídeo presentámosche estes Aperitivos de Mercadona e facémosche unhas suxestións de presentación:

Para que poidas escoller os que máis che gusten para as datas máis sinaladas, detallámosche os seguintes Afumados, Salgaduras e Conservas de peixe:​

Salmón afumado Ubago bipack

Se existe un entrante clásico ese é o Salmón afumado. Podes gozalo só, en bocados doces ou salgados ou como ingrediente estrela en canapés ou roliños con aguacate… O que se che ocorra! Non poñas límite á túa imaxinación e sorprende os teus invitados con este exquisito aperitivo.

A elaboración tradicional deste Salmón afumado en envase bipack convérteo nun apetitoso entrante. Ademais, a súa presentación en finos liscos pónnolo máis fácil para a preparación dos aperitivos. Cada un dos paquetes inclúe 2 unidades de 200 gramos, aproximadamente.

Salmón ahumado Aperitivos

Filetes de anchoa Hacendado en aceite de oliva

Seguimos con outro aperitivo case obrigatorio no Nadal. Os Filetes de anchoa Hacendado en aceite de oliva preséntanse nun cómodo envase de cristal de 55 gramos (peso neto escorrido), moi manexable, que permite extraer cada anchoa de maneira individual.

Ideais para preparar tostas, canapés, pinchos con bóliñas de mozzarella e infinidade de pratos especiais e aperitivos.

Filetes anchoas Aperitivos

Atún claro en aceite de Oliva

Una aposta segura: os lombos de Atún claro en aceite de Oliva preséntanse nun cómodo tarro de cristal de 140 gramos escorridos, que che permite extraer cada lombo de maneira individual. Podes preparar compangos acompañando o atún con ovo cocido e tomate cereixa.

Atún claro Aperitivos

Luriñas recheas

As Luriñas recheas enteiras en aceite de xirasol preséntanse nunha lata ovalada con abre fácil de 72 gramos escorridos.

Pódense servir enteiras ou cortadas en anacos, como exquisito aperitivo; especialmente indicadas para abrir e consumir directamente ou para preparar canapés. Aos teus invitados encantaranlles.

Chipirones rellenos Aperitivos

No te descoides este Nadal e ten á man os nosos deliciosos aperitivos Afumados, Salgaduras e Conservas de Peixe. Produtos listos para abrir e consumir, para que non perdas nin un minuto cociñando os entrantes.

Outras recomendacións

Para acompañar estes deliciosos entrantes propoñémosche unha Cider Wild Panther, moi fácil de beber e moi suave, perfecta como aperitivo.

E se o prefires, podes escoller entre esta selección de Cervexas de Mercadona.