AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Comeza o teu menú de Ano Vello cos aperitivos de Mercadona

Deliciosos aperitivos de Mercadona para estas festas

28 de decembro de 2017

Este Nadal ten en conta os aperitivos de Mercadona, os entrantes máis deliciosos para comezares con bo pé calquera xantar ou cea durante estas festas.
Cos afumados e salgados de Mercadona daraslles aos teus convidados a mellor benvida posible. Estes petiscos son ideais para romperes o xeo e mais abrires o apetito. De xeito que procura que este ano non falten no teu menú de Ano Vello, para garantires o éxito desta cea tan especial.

Un petisco clásico é o salmón afumado. Podedes gozalo só, en bocados doces ou salgados, ou a formar parte de saladas, torradas, canapés, roliños… Aquilo que se che ocorra! Non lle poñas valados á túa imaxinación e deixa abraiados os teus convidados con este exquisito ingrediente.

Abofé que non poden faltar no aperitivo de Nadal os bocartes en aceite de oliva ou de xirasol e os bocareus en vinagre, que sempre teñen boa aceptación. Quer sexan servidos sós quer en petiscos, montadiños, canapés, saladas rusas, etc., farán as delicias dos teus convidados.

En Mercadona dispós dos seguintes aperitivos afumados e salgados:

Salmón afumado Ubago bipack

A elaboración tradicional deste salmón afumado en envase bipack convérteo nun gorentoso aperitivo. Ademais, a súa presentación en finos liscos pónnolo máis doado de cara á preparación dos petiscos. Cada un dos packs inclúe 2 unidades de 200 gramos, aproximadamente.

Salmón Ahumado Mercadona

Bocartes en aceite de oliva ou xirasol Hacendado

Os filetes de bocarte en aceite de oliva ou de xirasol preséntanse nun pack de 3 envases de plástico, de 29 gramos (peso neto escorrido), aproximadamente, cada un.

Anchoas Mercadona

Filetes de bocarte Hacendado en aceite de oliva

Os filetes de bocarte Hacendado en aceite de oliva veñen presentados nun cómodo envase de vidro de 55 gramos (peso neto escorrido) que permite extraer cada bocarte de xeito individual.

Anchoas Mercadona

Bocareus Vinagre

Os bocareus en vinagre de Mercadona encontraralos no noso andel en envases de 60 ou 265 gramos (peso neto escorrido). Este último inclúe unha tampa para a conservación ideal do produto.

Boquerones en Vinagre Mercadona

Ao sabor de todos estes exquisitos aperitivos cómpre engadirmos outra característica esencial: trátase de produtos listos para abrir e consumir. Isto permítenos moita máis liberdade na preparación, podéndonos concentrar noutras elaboracións, e incluso nos dá a opción de poder improvisar un petisco en calquera momento.

Estas festas, comeza do mellor xeito todas as túas xuntanzas con estes gorentosos entrantes. Agora que o Ano Vello está a chegar, ven buscar os teus aperitivos de Mercadona. Os teus convidados non merecen menos.

Outras recomendacións

Se os teus convidados foren aficionados á chacinería ten en conta a nosa gran selección de queixos, variedades de xamón e mais patés cos Bocados de Nadal da Chacinería de Mercadona.

Para acompañar os nosos afumados e salgados, proba o noso Viño Blancauvas ou as nosas Cervexas Reserva e Dobre Malta.