Probaches xa a nosa Crema de Tofu? 100 % vexetal, basta con abrir e consumir para gozar o seu exquisito sabor. Utilízase sobre todo para untar torradas, sándwichs ou canapés, ou para cociñar dando cremosidade.
É un produto moi versátil que permite gran cantidade de preparacións. Utilízase tanto para receitas salgadas coma doces. Á parte de untala en torradas, úsase tamén na elaboración de salsas, tortas e sobremesas.
A crema de tofu está indicada para todos os públicos, incluídas persoas que non consomen lácteos, veganas, etc…
Toma nota destas receitas que che propoñemos a continuación, vanche encantar!
Receitas con Crema de Tofu
Torradas
Prepara unhas apetitosas torradas. Suxerímosche as seguintes combinacións:
- Crema de tofu, aguacate, tomates cereixa e sementes
- Crema de tofu, con mazá en láminas e menta
Risotto vegano de cogomelos
Sigue o noso paso a paso para cociñar un saboroso risotto vegano:
Preparación para 4 persoas:
1. Pica finamente 2 cebolas, 3 dentes de allo e 2 ramas de apio.
2. Quenta o aceite de oliva a lume medio nunha tixola grande, engade a cebola, o allo e o apio, e deixa cocer durante 15 minutos, ata que a cebola e o apio abranden. Mentres, quenta 1,2 litros de caldo de verduras ata que ferva.
3. Engade 40 g de cogomelos conxelados á tixola e cociña durante 5 minutos, ata que solten unha pouca auga e reduzan un pouco.
4. Engade 1 vaso de viño branco e deixa cociñar ata que o alcohol se evapore. Engade 320 g de arroz e deixa cocer durante 1-2 minutos, para que absorba os sabores das verduras.
5. Pouco a pouco, engade o caldo fervendo ao arroz, cunca a cunca, ata que o arroz estea cocido, absorbese case toda a auga e non estea demasiado seco. Remove frecuentemente para que o arroz non se queime.
6. Unha vez que o arroz estea cocido, verte a crema de tofu na tixola e mestura ben. Cociña durante 2 minutos máis ata obter a textura perfecta para un risotto.
7. Sirve cuns cogomelos e perexil fresco.
Torta de tofu
Para preparar unha deliciosa torta de tofu, sigue as nosas instrucións:
1. Tritura 200 g de galletas; despois, engade 150 g de margarina derretida ata obter unha masa coa que forraremos o fondo do molde desmontable. Manteno no frío.
2. Mestura 400 g de tofu con 100 g de azucre moreno e o zume de 1 limón.
3. Separa 50 ml da bebida de soia e disolve nela 2 sobres de ágar - ágar. Quenta os outros 450 ml de bebida de soia. Antes de que empece a ferver, engade o ágar-agar e revolve ata que espese.
4. Mestura coa crema de tofu ata que estea todo ben integrado e verte sobre a base de galleta.
5. Repousa na neveira ata que estea totalmente sólida (3 horas aproximadamente).
6. Decora co que máis vos guste: froitas, marmeladas, chocolate...
Outras recomendacións
Prepara unhas exquisitas receitas con tomate natural.