Proba as novas barriñas de chocolate negro con quinoa

Deliciosas barriñas de Tokke Negro con Quinoa

15 de novembro de 2017

Velaquí están as novas barriñas de Tokke Negro con Quinoa de Mercadona, para facer as delicias de todos os apaixonados do chocolate negro. Ademais, vante abraiar, porque están recubertas con quinoa.

Tokke Negro con Quinoa, o petisco de chocolate negro

A partir de agora xa podes gozar desta nova variedade de Tokke, ideal para todos aqueles que gocen cun apetitoso petisco de chocolate negro. Estas saborosas barriñas están recubertas cunhas sorprendentes boliñas de quinoa, conseguindo así unha espectacular mestura de sabores.

As barriñas de Tokke Negro con Quinoa preséntanse nun envase de 3 packs de 2 unidades, polo que son unha opción estupenda para compartires. Unha vez que as probas, xa non podes parar!

Con esta nova variedade de petisco os fans do chocolate negro están de parabéns. Para alén de seren unhas barriñas para toda a familia, que lles saben quer aos cativos quer aos grandes.

Mercadona prosegue coa súa decidida aposta polos produtos de fabricación española. Neste caso, as barriñas Tokke están fabricadas na localidade de Ateca (Zaragoza) pola empresa Chocolates Valor.

Velaquí está o novo Tokke Negro con Quinoa! Deliciosas barriñas para gozares en calquera momento e lugar: pola mañá, para tomares un petisco, a media tarde, despois do ximnasio... Próbaas e déixate seducir polo seu sabor!

Outras recomendacións

Se queres probar outro tipo de petisco, recomendámosche os nosos Petiscos de froita deshidratada, dispoñibles en manga ou mazá crocante. E se che gustan os sabores máis doces podes probar os Flocos de Millo Caramelo Hacendado.