Delicias de Pollo de Mercadona, sabrosas y muy rápidas de preparar

Delicias de Polo de Mercadona

25 de xaneiro de 2017
  • Peitugas de polo rebozadas e moi crocantes

As Delicias de Polo de Mercadona, son anacos de peituga de polo cun rebozado moi crocante. É un prato rápido e cómodo de preparar, para tomares como entrante ou como gornición doutros pratos.

Como preparar as Delicias de Polo:

Podes preparar estas delicias de polo de Mercadona quer na frixideira quer na tixela ou ao forno, segundo conveña:

  • Frixideira: directamente do conxelador, fritir en abundante aceite quente (180º) entre 3 e 4 minutos. Cómpre fritir poucas unidades ao mesmo tempo, para evitar que o aceite arrefríe.

  • Forno: prequentar o forno a 220º, poñer as unidades directamente na reixa do forno, situada a media altura. Enfornar durante 16 minutos, dándolles a volta á metade do tempo de enfornado.

Pódelas servir con calquera tipo de prebes ou outro condimento para acompañar. Goza das nosas saborosas e crocantes Delicias de Polo, rápidas e doadas de preparar!

Outras recomendacións

Gústache a comida oriental? Non deixes de probar os Fideos Orientais de Polo Yum Yum de Mercadona, unha saborosa receita oriental, que podes preparar en tan só 3 minutos.

Outro prato delicioso e moi rápido de preparar é o Polo Asado en Anacos de Hacendado, un prato moi saboroso, xa que leva o seu propio caldo, para que se conserve suculento e con todo o seu sabor.