Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Trucos para preparar cubos de xeo de cogombro, de froitas conxeladas e de limón e cecimbre.

Cubos de Xeo de cogombro, de froitas conxeladas e de limón e cecimbre

14 de agosto de 2018

Queres darlle un toque orixinal aos teus cubos de xeo? Descubre paso a paso con estes trucos como preparar orixinais e deliciosos cubos para os teus combinados, zumes, cócteles como o mojito ou ata para un refrescante gazpacho.

Aprende a preparar cubos de xeo de cogombro, de froitas conxeladas e de limón e cecimbre, para sorprender a familia e os teus amigos.

Sigue o vídeo de trucos para preparar cubos de xeo

Ingredientes para cubos de xeo de cogombro:

  • 1 cogombro
  • Auga

Como preparar cubos de xeo de cogombro:

  1. Picar o cogombro en anacos pequenos.
  2. Poñer o cogombro picado nos espazos dun recipiente para facer cubos de xeo.
  3. Engadir auga.
  4. E conxelar.

Os cubos de cogombro son ideais para acompañar o gazpacho. Manterano fresco durante máis tempo e daranlle un sabor característico.

Ingredientes para cubos de xeo de froitas conxeladas:

  • Mestura de froitas vermellas conxeladas Hacendado
  • Manga en dados conxelada Hacendado
  • Amorodos enteiros conxelados Hacendado
  • Auga

Como preparar cubos de xeo de froitas conxeladas:

  1. Poñer a froita separada nos espazos do recipiente para facer cubos de xeo.
  2. Engadir auga.
  3. E conxelar.

Os cubos de xeo de froitas conxeladas poden dar un toque orixinal e creativo aos teus cócteles e zumes. Perfecto para cando teñas invitados.

Ingredientes para cubos de xeo de limón e cecimbre:

  • Cecimbre
  • Limón espremido
  • Auga

Como preparar cubos de xeo de limón e cecimbre:

  1. Poñer na picadora o cecimbre cortado.
  2. Engadir o limón espremido.
  3. Engadir a mesma medida de auga..
  4. Triturar todo.
  5. Poñer no recipiente para facer cubos de xeo.
  6. E conxelar.

Os cubos de xeo de limón e cecimbre son perfectos para acompañar un mojito.

Aproveita estes trucos e prepara orixinais cubos de xeo, que sorprenderán a amigos e familiares, ademais de dar un sabor especial ás túas presentacións.

Outras recomendacións

Os cubos de xeo de limón e cecimbre tamén son ideais con esta Receita de Gazpacho de Melón, un prato refrescante e saboroso para o verán.

Outra opción de cubos orixinais é a que inclúe esta Receita de Gazpacho de Sandía con cubos de limón e xenxibre, cun sabor exquisito que encantará a amigos e familiares.